A voz da mitá da Humanidá

Tal día como hoxe, un 19 de novembre del ano 1939, as mulleres foron votar por primeira vez en España.

Ese día, 6.800.000 españolas puideron exercer un dereto que repetiron novamente nas elecciois xenerales de 1936. Despós, non se podería volver a votar en democracia asta 1977!

A aprobación del voto femenino (1-10-31)

A avogada e escritora Clara Campoamor -Madrid, 12 de febreiro de 1888-, foi, con Victoria Kent e Margarita Nelken, úa das primeiras mulleres deputadas del noso país.

Con estas palabras defendeu el voto femenino:

Resolved lo que queráis, pero afrontando la responsabilidad de dar entrada a esa mitad de género humano en política, para que la política sea cosa de dos, porque solo hay una cosa que hace un sexo solo: alumbrar; las demás las hacemos todos en común, y no podéis venir aquí vosotros a legislar, a votar impuestos, a dictar deberes, a legislar sobre la raza humana, sobre la mujer y sobre el hijo, aislados, fuera de nosotras”.

Un discurso histórico porque, a réiz del, as cortes da Segunda República aprobaron el 1-10-1931, con 161 votos a favor e 121 en contra, que as mulleres tuvesen POR FIN dereto a votar.

El dereto a voto prás mulleres quedou recollido nel artículo 36 da Constitución da Segunda República coas seguintes palabras: “los ciudadanos de uno y otro sexo, mayores de veintitrés años, tendrán los mismos derechos electorales“. 

Este é el cómic Clara Campoamor (Cascaborra), del guionista Rafael Jiménez e a dibuxanta Meik (María Dolores Reyes), úa estupenda biografía da deputada.

E tamén hai outro cómic: Una mujer, un voto (Garbuix Books), da guionista Alicia Palmer e a dibuxanta Montse Mazorriaga, que é úa homenaxe a Clara Campoamor, pero tamén a todas as mulleres que protagonizaron el movemento sufraxista, como as cigarreiras da real Fábrica de Tabacos de Madrid. As cigarreiras foron pioneiras en luitar por el dereto a conciliar maternidá e traballo, a base de folgas e muitos sufrimentos, reclamando salarios máis xustos.

El primeiro país en conceder el dereto de voto ás mulleres foi Nova Zelanda, nel ano 1895. Australia, en 1902 (pero os e as aboríxenes non podían votar!); Finlandia, en 1906;  Noruega en 1913; Dinamarca, en 1915; a Unión Soviética, en 1917 e el Reino Unido, en 1918; Estados Unidos nel ano 1920 (pero solo prás mulleres de raza branca, as de raza negra non puideron votar asta 1967!). En África, Zimbabwe e Kenia reconoceron el sufraxio femenino en 1919 e en América Latina, Uruguay foi el primeiro país en felo en 1927. El último en aprobar este dereto fundamental foi Arabia Saudí, en 2015.

El dereto a voto é un dereto fundamental que durante décadas tuvo limitado á mitá da población. Hoxe el sufraxio femenino é un dereto humano universal.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *