A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias, de Manuel Miragaia, en Tapia

Este domingo, 23 de febreiro, ás 19.00 h. na Casa da Cultura de Tapia, el escritor Manuel Miragaia Doldán (A Coruña, 1958), presenta el sou libro titulado: A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias. Tará acompañado pola cantautora Ugia Pedreira.

Manuel Miragaia é licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Maxisterio por Ciencias Sociais, tamén é especialista en lingua galega e diplomado en galego pola Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Ademais é colaborador de El Ideal GallegoEl Correo GallegoA Nosa TerraMan Común e fundamentalmente de La Voz de Galicia. Tamén escribiu semanalmente nel xornal Galicia Hoxe.

Ugia Pedreira (Vilaronte, Lugo, 1970) é úa das grandes referentes da canción galega e tamén mui achegada al universo lusófono. A súa versatilidade enriquece el panorama musical gracias a amecer xéneros diversos (folk galego, fado, habaneira, reguetón…).  Actualmente vive nel Eo-Navia e desde ei compón obras como Basal, Se me apuras

Os dous aportan na concienciación e divulgación lingüística del galego de Asturias: Miragaia, como embaixador da Terra Eo-Navia, dando a conocer el territorio en muitas partes de Galicia e tamén en Asturias coel sou libro; e Ugia Pedreira, con discos como A Comuna del Barruzo, que contén canciois con letras de poetas del noso territorio como Héctor Acebo, Quique Roxíos, Belén Rico e Arturo Álvarez. 

Muita sorte aos dous con esta nova andaina desde el Eo-Navia!

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.