Nel dicionario de Varela Aenlle aparecen estos datos:
aguillolo. s. m. Molusco bivalbo da familia dos solénidos, de dez a quince centímetros de lonxitude e cuncha parda e curvada en forma de sabre. Vive en fondos de lama e area, onde fai galerías de até un metro de profundidade. É de carne moi apreciada (Ensis ensis). 2. V. aguillolo negro (Tapia de Casarego). 3. Lugar calizo e moi húmido onde se afunde unha persoa ou un animal de xeito doado. // Aguillolo branco. V. aguillolo (Tapia de Casarego). // Aguillolo del penedo. Molusco lamelibranquio, bivalvo, con cuncha oval, que pode acadar os quince centímetros de lonxitude, con coloración branca amarela ou branca agrisada. As súas valvas son iguais e lisas (Pholas dactylus), (As Figueiras). // Aguillolo negro. Molusco lamelibranquio bivalvo da familia dos solénidos, con cuncha duns doce centímetros de lonxitude, longa e estreita, con valvas moi semellantes e de color parda (Solen marginatus), (As Figueiras).
Na parte de Ribadeo os aguillolos reciben el nome de longueirós. Carallotes en Fisterra. En portugués, lingueirão.
Pra aclararnos porque os nomes dos peixes, moluscos… varían muito dun lugar a outro, os aguillolos diferéncianse das navallas en que estas son curvas, recordando unha navalla de barbeiro. Outra diferencia é que a valva da navalla é máis fráxil e de cor máis escuro cás del aguillolo.

Navalla (enriba) e aguillolo (embaixo).
RECEITA DEL EO-NAVIA:
EMPANADA DE AGUILLOLOS:

Ingredientes:
Pra úa búa empanada, 2 kg de aguillolos, 2 pimentos, 2 cebolas grandes, sal e aceite.
Faise masa de pan. Mentras vai espelindo, prepárase el amoado.
Elaboración:
Como os aguillolos xa virán depurados, simplemente haberá que botalos núa tarteira con un pouco de auga fervendo, pra que se abran e lles podamos retirar a casca. Reservámolos ben escurridos, mentras douramos lixeira e lentamente núa tixela a cebola muy picada e os pimentos tamén ben picados. Condo té listo el rustrido, amécenselle os aguillolos e un pouquín de sal. Revólvese ben todo e apártase del lume.
Pártese a masa en dous pedazos, un delos algo máis grande que el outro. Engrásase un molde, esténdese a masa da base con un rodillo e colócase nel fondo, deixando os bordes abondo altos pra conter el amoado.
Retírase nun pocillo un pouquín de aceite del rustrido, e vértese el resto del contido da tixela sobre a masa del fondo, repartíndolo ben. Esténdese a masa da tapa e colócase por riba, axustándola por as beiras de xeito que sellen os bordes (usando os didos ou un garfo).
Pínchase a superficie con un garfo e báñase con el aceite que tíamos reservado.
Cócese a forno medio durante 45-60 minutos.
Nunca el demo fixo empanada, que non quixera a millor tallada.
