A palabra de marzo: Formento

A terceira palabra del campo semántico del pan pra este mes de marzo é: FORMENTO.

Nel Dicioanario del galego de Asturias, de Varela Aenlle:

formento. s. m. Substancia orgánica que provoca reaccións importantes noutras substancias do mesmo tipo. É unha masa con sal que se deixa gardada por algún tempo para que sirva para subir certas substancias como no proceso do pan. 2. Inicio dunha cousa.

formentado, -a. adx. Dise do que fermentou (formentou). formentar. v. Subir o pan polo fermento na masa. 2. Botar o fermento na masa nova de pan. 3. Descompoñerse algo.

Nel Dicionario da RAG:

substantivo masculino. 1 Química. Substancia orgánica que provoca reaccións químicas noutras substancias, sen que ela mesma se modifique en aparencia. Formentos lácticos. 2 Masa de fariña fermentada que se emprega para levedar o pan. Esqueceron preparar o formento para amasar o pan. SINÓNIMOS lévedorequento

Etimoloxía

A palabra «formento» deriva da palabra latina FERMENTUM, coa reiz del verbo FERVERE, que significa ferver, e el sufixo -MENTUM, que indica medio ou instrumento pra fer algo.

Que son os formentos?

Os formentos son microorganismos cuxa función é iniciar el proceso de fermentación en distintos alimentos. Poden transformalos cambiando a súa textura, el sou sabor e asta as súas propiedades nutritivas. Podemos atopalos en alimentos como el iogurt, el pan, a cervexa ou el viño.

  • Levaduras: Utilizadas na panificación e elaboración de cervexas, as levaduras convirten azucres en‍ dióxido​ de carbono‍ e ⁢alcohol, lo que é esencial ​prá textura e el‍ sabor destos produtos.
  • Bacterias ​lácticas:⁢ Imprescindibles en produción ​de iogur e ​queixos. ​Transforman a ⁤lactosa⁤ en ácido⁤ láctico, ⁤aportando un sabor distintivo ⁣e propiedades probióticas.
  • Mofo: Nel caso del queixo azul, os‌ mofos‍ son responsables de‌l sou⁢ característico sabor e aroma,‌ creando un equilibrio entre lo cremoso e lo picante.

UN REFRÁN (del Dicionario de Varela Aenlle):

Condo chove i vai vento, fain as vellas el formento. Refrán meteorolóxico que alude a que cando fai mal tempo as vellas aproveitan para facer na casa o fermento (Castropol).

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.