A biblio medra!

A biblioteca de Axuntar vei aumentando. Agora xa podemos decir que temos úa biblioteca que vei tomando forma, enchéndose de libros de todo tipo: narrativa, ensaio, poesía, de temas históricos, lingüísticos e culturales; pra nenos e nenas, pra adultxs; en galego, en castelán, noutras linguas… Úa biblioteca que vei medrando e medrando gracias ás marabillosas donaciois de persoas altruístas que nos regalaron muitos dos volumes que xa forman parte dela. Haberá que ir pensando un nome e tamén buscando un lugar axeitado pra poder compartir todas as lecturas que nela se guardan xa.

Estas 12 caxas cheas de libros foron donación de Lois Xoán Trigo, un bibliófilo santiagués, mestre xubilado que foi director del CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela, que atopou a nosa Asociación na Rede e decidiu fernos este gran regalo porque, navegando por a nosa web, viu el interés de Axuntar por a lectura. A súa primeira intención foi donar os libros a prisiois, pero resultaba mui complicado el proceso burocrático por el que tía que pasar e… Axuntar salíu ganando. Por úa vez, a pesadez burocrática xogou nel noso favor!

Gracias, Lois Xoán, por tantos libros que xa son de noso. Esperamos subir pronto outras fotografías que mostren os libros colocados nas súas estanterías, catalogados e nun lugar nel que se atopen a gusto, cuidados, limpos e seguros.

Estos libros, xa colocados en estanterías, foron donación de Teresa Antonio Martín, úa gran lectora de Avilés. Xa dá gusto velos así (inda que de momento non tán nel sito definitivo), esperando a chegada dos demais. Gracias, Teresa!

Antes das donaciois, Axuntar xa tía un par de caxas con un certo número de volumes, muitos donados por membros da Asociación. Estos tán xa catalogados seguindo a CDU (clasificación decimal universal) e con el sou tello colocado nel lombo, á espera tamén de seren clasificados e arquivados cun programa informático.

Cómo nos gustaría ter algún día úa biblioteca que seña un referente nel Eo-Navia, que aumente a cultura, que sirva pra que muitas persoas “viaxen”, amplíen conocementos, conozan outros mundos, rían, choren, soñen…

Ánimo e gracias a todas as persoas posibles socias de Axuntar e posibles donantes de libros prá nosa biblioteca! Seredes mui benvidos e benvidas, e os libros mui queridos!

E tamén van medrando os libros da nosa “caseta de libros ceibes” nel alto da Verrugueira, en Boal! 🙂

Desde Axuntar, agradecemos a todas as persoas que pasasteis por alí, que collesteis libros e deixasteis outros e que xogasteis al tres en raia! 🙂

As nosas “casías de libros ceibes”, dous nel Concello de Boal e úa nel de Eilao, tamén funcionan. Hai novos libros e algús tán de viaxe por outros lugares. Así que tamén tamos mui contentxs.

E, sobre todo, gracias por cuidar os libros tan ben!

Dá gusto fer actividades e que teñan esta acollida!!!

“Os libros son unha herdanza a protexer, os cereais necesarios contra o espírito do inverno, mais tamén son os hórreos do futuro”. Manolo Rivas, en Luzes (12 maio, 2023).

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *