«O pobo que non ten unha cultura de seu acaba sendo parasito de culturas alleas».

Permítome hoxe escribir desde a primeira persoa porque tuven a gran sorte de conocer a Neira Vilas na súa casa de Gres, en Vila de Cruces. Fomos en 2013, un par de anos antes de que él falecera -creo recordar-, coel alumnado del instituto nel que traballaba por aquel entón. El recordo que teño é el de úa persoa amable, sorrinte, cariñoso e mui, mui, mui sabia. Coel alumnado comportouse como se fose el sou avolo e todos e todas sentíronse mui felices e pasaron un día mui guapo, tratándolo como se lo conocesen de toda a vida. Os adolescentes, xa se sabe, condo daquén los trata de maneira natural e cercana, son fáciles de conquistar. E Neira Vilas conquistoulos desde el primeiro momento. Xa taba maior daquela, pero a súa cabeza seguía lúcida e clara. Contoulles historias preciosas e recordos -sobre todo de Anisia, a súa muller, falecida us anos antes- e tamén lles mostrou a súa casa natal e el sou pequeno museo (agora xa é muito máis grande).
Alégrame e paréceme úa marabillosa idea que por fin a RAG lle dedique as Letras Galegas deste ano 2027!

Sechu Sende escribe sobre a súa obra cume (Memorias dun neno labrego) estas preciosas palabras nel sou instagram (@sechusende):
"Neste momento de ascenso do fascismo, um pouco de luita de clases e a pedra de Balbino no ar podem ser mais contemporáneos do que muita gente pensa.
A obra de Neira, a respeito da ecologia, a emigraçom, a defensa da terra, a língua, ou a deshumanizaçom das cidades, entre outras cousas, é atualíssima.
Há gente que continua a identificar aldeia com "atraso" e pensa que "Memorias" nom é "moderno" ou "atual" ou que a rapazada de hoje nom se vai "identificar" com um livro que tem um protagonista labrego. Mágoa. O problema é vosso.
A humanidade, o conflito, a explotaçom, o sufrimento, a empatia, o orgulho, a língua, a infáncia, entre outros, som contidos com os que as crianças de hoje em dia podem dialogar, aprender, construir, abrir-se ao mundo, se as persoas adultas nom as contaminamos com os nossos prejuiços sobre "a aldeia".

Neira Vilas dedicou el sou libro «A todos os nenos e nenas que falan galego».
Lede aquí MEMORIAS DUN NENO LABREGO.
