Proxecto «chave»: el mundo en galego

«Ampliar o coñecemento da lingua galega para fomentar o seu emprego e valoración e, sobre todo, ampliar os coñecementos da natureza e do medio ambiente en galego, eses son os obxectivos detrás da iniciativa A Chave, un proxecto dixital que pretende servir como punto de encontro da comunidade galegofalante á par que ampliar os horizontes dixitais dunha lingua maltratada polos motores de busca». 

Pincha aquí pra ver el mundo en galego

(Hai marabillas)

A Chave ten os seguintes obxectivos:

  • Primeira fase: recursos léxicos sobre a fauna e a flora.  É el primeiro obxectivo de traballo da Chave.
  • Segunda fase: Dicionario da Chave en liña. O segundo obxectivo de traballo da Chave é elaborar e ofrecerlle ao mundo un dicionario de galego en liña, que complete ou enriqueza o que xa existe na rede.
  • Terceira fase: dicionarios bilingües da Chave. Outra liña é a elaboración de dicionarios bilingües, inicialmente cos seguintes proxectos:
  • Dicionario galego-castelán Dicionario castelán-galego
  • Dicionario galego-catalán Dicionario catalán-galego
  • Dicionario galego-inglés e Dicionario inglés-galego

QUEN FORMA A CHAVE? Cóntannos esto:

«Un grupo de persoas estamos a pór en andamento a Chave (equipo de deseño e de informática, de asesoramento e a elaboración dos recursos léxicos, fotógrafos/as…). Para alén diso, cada liña de traballo e cada proxecto concreto ten o seu equipo. Por agora, presentamos a persoa impulsora e responsábel do proxecto da Chave en conxunto. Pouco e pouco, conforme as liñas e os proxectos concretos se vaian desenvolvendo, habemos ir incorporando máis persoas nesta sección.

Silverio Cerradelo Gómez

Veterinario (pola UAB), filólogo (Filoloxía Galega, pola UB, con premio extraordinario de licenciatura), máster en terminoloxía (pola UPF), presidente da asociación A Chave. Galego, Lingua de Calidade, é a persoa que ten a máxima responsabilidade no proxecto.»

Desde Axuntar damos as gracias aos membros del Proxecto A CHAVE por incluír léxico del Eo-Navia nos sous traballos (Hai muitos outros traballos, entradas de webs, actividadades de todo tipo, colaboraciois, etc. nos que botamos de menos as referencias á nosa terra).

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.