Dicionario de Varela Aenlle:
s. f. Femia do robalo, de tamaño maior e de color máis clara que o macho. A color é gris prateada, máis escura polo lombo e branca no ventre, que pode chegar a medir un metro de lonxitude. A súa carne é moi apreciada. 2. V. lubía (As Figueiras, Tapia de Casarego). 3. Cría do robalo. 4. V. róbalo. 5. Robalo grande (As Figueiras).
Varela tamén recolle as formas palatalizadas:
roballiza. V. robaliza (Navia, El Franco).
roballo. V. lubía (Tapia de Casarego, El Franco). 2. Robalo grande.
Dicentrarchus labrax, a robaliza, é un gran depredador. Con úa estrutura sólida, robusta, pero al mesmo tempo con úa línea de corpo alongada e elegante coa que consigue nadar mui rápido. A súa cabeza é de tamaño mediano, con úa boca desproporcionadamente grande, na que a mandíbula inferior é lixeiramente protuberante, con dentes non mui grandes, pero si numerosos e mui afilados. Posúe dúas aletas dorsales, a primeira delas con espías. As aletas pectorales son longas e puntiagudas.
A robaliza forma cardumes condo é nova e coa idade vólvese máis solitaria.

Área de distribución da robaliza
Nomes:
Castellano: Lubina, róbalo
Francés: Bar
Inglés: Sea Bass
Euskadi: lupin, luoi
Alemán: Seebarsch
Portugués: Robalo
Italiano: Spigola
Catalán: llobarro


