Inmaculada Méndez Freije naceu en Castrillón (Boal). Logopeda de formación, criouse nel medio rural. A súa primeira experiencia coel mundo da escritura foi el Microrrelato “A Candelaria”, coel que foi ganadora da sección del público nel I Consurso de Coronacontos convocado pola asociación Xeira. En setembre de 2020 participou nel número 11 da Revista Trabatel coel sou Poema “Sin herba”. Anque inda nun ten publicada ningúa obra, dende entós nun deixou de fer lliteratura coa súa llingua familiar.
NUN SINTAS Semente del que a medrar empeza nun sintas que nun te entendan nin que fagan que nun te vexan. Nun sintas que nun te queran nin que tempo pra ti nun teñan. Nun te esmolas por quen nun te aprecia que nun lles chega úa vida enteira pra estimarte como deberan. Nun sintas que che falte el don que che arrebatan, fala que nun hai llingua que faga coas lletras millor ferramenta que as túas palabras.

Foto de Begoña Martín