Ointe tuvemos na Casa da Cultura de Castropol presentando el III Informe Lingüístico, os nosos librios (en papel, sonoro e en braille) e entregando os II Premios Folgueira.
É pra nós fonte dúa inmensa felicidade ter contado coa presencia de tantos amigos e poder reconocer el destacado traballo de Xoán Babarro e de Carlos Varela. Babarro dedicou boa parte da súa vida en marcar a fronteira lingüística entre el galego e el asturiano, fer diversos estudios lingüísticos, recoller relatos literarios de tradición oral… Sempre desinteresadamente.
Varela dedicou ben de anos pra crear úa obra excelsa, el Dicionario del Galego de Asturias (DGA), el diccionario de referencia da lingua galega na súa variante asturiana. Un traballo desinteresado e, de avezo, ocultado.
Gracias, Xoán. Gracias, Carlos.
Natalia Jardón, Xabier Barcia e Santiago Somoza presentáronnos el III Informe Lingüístico del Eo-Navia, nel que se profundiza na situación de discriminación que sufre el galego en Asturias.
Begoña Martín e Marta Méndez presentáronnos el Proxecto Panqueixa, que foi merecedor de úa subvención del Ministerio de Cultura prá “animación á lectura nel mundo rural”. El librín (en papel, en formato sonoro en en braille) foi un regalo pra todas as persoas asistentes al acto.
Agradecemos a cálida acollida del Concello de Castropol e del sou alcalde, Francisco Javier Vinjoy e de todos os presentes.
De carácter institucional, agradecer tamén a presencia nel acto de Álvaro Queipo, Portavoz del Grupo Popular na Xunta Xeral del Pr,incipado; del diputado José Luís Costillas; e de Andrés Mayor, Presidente de Retina Asturias, entidade de interés público que colaborou con Axuntar nel Proxecto Panqueixa.