Calendario 2025

Xa sabemos que vamos algo tarde con este tema del calendario. Non damos feito de tantas cousas que temos que atender e foinos imposible rematar antes este traballo. Pedímosvos disculpas.

Pero na nosa lingua de palabras milenarias lo importante é seguir construíndo futuro e un almanaque ou calendario é úa ferramenta que axuda a ter presente el noso patrimonio lingüístico, a normalizar a súa presencia e a reivindicar tamén os propios nomes que usamos pra chamar aos meses del ano.

Temos palabras ben guapas: antroiro, cimón, auga, binteiro, feira, rinchín, vagar, carqueixa, esbeirar…
Con esas palabras que formaron parte del apartado Palabras del mes da nosa web, elaboramos un novo Calendario pra el ano 2025

Como a impresión ten un coste elevado e a Asociación non ten muitos cuartos…, pensamos na posibilidade de que aquel-a que lo queira poda conseguilo por 10 euros .

Cremos que pode ser un regalo guapo, así que lo poñemos á vosa disposición por si vos interesa.

Axuntar encárgase de editalo e envialo al correo postal que nos digades. Pra eso, tedes que fer a petición por el mail de Axuntar (asociacion@axuntar.eu) amecendo os vosos datos personales. Pra pagar podedes fer el ingreso nel noso número de conta de Cajamar: ES 54 3058 5902 5027 2000 6786, poñendo nel asunto: «pago de calendario-s» (pra que non haxa confusiois coel pago de cuotas si sodes socios-as). 

Tamén ofrecemos outra posibilidadedescargar en formato PDF pra que lo podades imprimir núa imprenta. Podedes atopalo nesta mesma web, en QUE FEMOS. CARTELERÍA.

Animaivos a conseguir el calendario das nosas palabras.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *