A Xunta Directiva de Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias, acordou por unanimidade -decisión ratificada en reunión de socios celebrada na Veiga el pasado 29 de agosto- otorgar os Premios Folgueira. Premios cos que, úa vez al ano, se distinguen as persoas, instituciois ou iniciativas polo sou traballo na dignificación del galego -un dos idiomas propios de Asturias-.
CONCESIÓN DOS PREMIOS FOLGUEIRA 2024:
-. FOLGUEIRA 2024, al Dr. D. Carlos Xesús Varela Aenlle por ser el artífice del primeiro Dicionario del galego de Asturias, que nos brinda non solo definiciois senón tamén el contexto de uso adecuado, recolle ditos, refrais, frases feitas, distintas variantes que demostran a riqueza léxica del idioma nesta área lingüística e incluso información sobre el lugar unde foron recollidas muitas das entradas. El dicionario, despós de 10 anos de traballo del autor, é a suma da análise de muitas fontes antias publicadas, da recolleita feita a un bon feixe de Informantes e é úa contribución precisa e imprescindible prá conservación, pervivencia e futuro del galego como idioma propio de Asturias.
Tamén se valora el compromiso del premiado e a súa defensa da cultura da Asturias galegofalante, así como os sous muitos traballos sobre historia, lingüística, xeografía, etnografía, etc.
El Dicionario del galego de Asturias ta sendo ocultado e silenciado polas autoridades político-lingüísticas de Asturias nun acto de censura antidemocrático que supón un comportamento irrespectuoso e contrario al saber e al consenso científico maioritariamente asumido e que, ademais, pon en cuestión a plena dignidade idiomática e a inequívoca filiación galego-portuguesa, dentro del subdominio galego, das falas del extremo occidental asturiano. Con este premio, Axuntar pretende visibilizar este destacado traballo en pro del galego (chamado gallego-asturiano) en Asturias.
–FOLGUEIRA DE HONOR 2024, al profesor Xoán Babarro González polos sous traballos na delimitación, caracterización e situación sociolingüística del galego de Asturias. Xoán Babarro elaborou a súa tese de doutoramento sobre el galego de Asturias baixo a dirección del profesor Francisco Fernández Rei e presentoula na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela el 11 de marzo de 1994 conseguindo a cualificación de Apto cum Laude. El tribunal taba constituído polos profesores e profesoras: Dr. D. Antón Santamarina Fernández (Presidente), Dra. Doña Manuela Barres Ferreira (Vocal), Dra.Dña. Ana M ª Cano González (Vocal) – que foi Presidenta da Academia de la Llingua Asturiana- e Dr. D. José Enrique Garmallo Gil (Secretario). Dita tese foi publicada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza nel ano 2003.
Xoán Babarro foi un dos autores das primeiras Normas Ortográficas del galego de Asturias, publicadas -coa financiación das administraciois galega e asturiana- pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias nel ano 1990.
Publicou a obra Poesía Completa de Antolín Santos Mediante Ferraría -Fundación Barrié, 2008- e el sou labor de investigación soubo centrarse na lingua e nos escritores/as del Eo-Navia, convertíndose él mesmo nun creador nas nosas letras (A Princesa de Taramundi, Edicións Embora, 2010, entre outros) e continuando na súa vinculación persoal con xentes del territorio durante toda a súa vida.
A entrega dos premios terá lugar el próximo 2 de novembre na Casa da Cultura de Castropol, ás 17:00 horas, nun acto nel que a asociación presentará tamén el III Informe sobre a lingua del Eo-Navia.
Neste III informe explícase el tratamento histórico del galego de Asturias nel Principado de Asturias e os verdadeiros problemas que lo aturullan. Tamén se inclúe nel el documento entregado por Axuntar al Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionales e/ou Minoritarias (CELRM) del Consello de Europa. Nel VI e último informe desta institución aténdense varias das peticiois de Axuntar e supón úa dura chamada de atención ás autoridades asturianas que quedan en evidencia por non respectar el Glotónimo “legal” del galego en Asturias e por incumprir varios artigos da CELRM que el Consello de Europa destaca.