Outra palabra máis del noso rico campo semántico del PAN.
NEL DICIONARIO DE VARELA AENLLE:
maseira. s. f. Artesa grande con catro pés que serve para amasar ou gardar a fariña e o pan ou ás veces como mesa. Pode ter unha parte inferior con portas onde se gardan utensilios de cociña. 2. Recipiente de pedra ou madeira onde comen os cochos. 3. Baño, cando se refire ao viño (Ibias). 4. V. maseirón 1ª e 2ª acep. 5. Recipiente onde se amasan os chourizos (Santalla de Ozcos). 6. Cuberta dura do ventre dunha centola ou doutros crustáceos (As Figueiras).
maseirada. s. f. Contido que cabe nunha artesa. 2. Maseira pequena onde comen as galiñas (Vilanova de Ozcos). 3. Recipiente de madeira con auga onde xira a moa de afiar.
maseirón. s. m. Recipiente rectangular de madeira onde se fai a matanza do cocho e tamén onde se salga a carne. 2. Nun mazo, tronco escavado situado de xeito horizontal debaixo do rodicio coa función de servir de apoio e atadura do chifrón e permitir que a auga seguise empuxando as pelas para dar maior forza de xiro ao rodicio.
masoiro. s. m. Lugar onde se amasaba o pan de millo ou de trigo. 2. Conco grande de madeira que se emprega para amasar e dar forma ás fogazas de millo, centeo ou trigo (Eilao, Boal, Tapia de Casarego, San Martín de Ozcos, Taramundi, Villaión); copete, bacito. 3. V. maseira 1ª e 2ª acep. 4. Recipiente pequeno e redondo que serve para amasar os chourizos (Santalla de Ozcos). 5. Recipiente con auga que se utiliza nas bodegas dos ferreiros para dar o tempero axeitado aos cachos de metal, mollar o martelo ou arrefriar as ferramentas.

NEL DICIONARIO DA RAG:
- Pía de pedra ou madeira onde se lle bota de comer ao gando, en particular aos porcos. Estroulles o cortello e lavoulles a maseira aos porcos. SINÓNIMOS bacía, bacieiro, bacío, barquela,conco, cunco, pía. 2Recipiente grande de madeira, que pode ter catro patas e tampa, onde se amasa o pan, se garda a comida etc. Cada vez utilízanse menos as maseiras. SINÓNIMO artesa
ETIMOLOXÍA:
Provén del latín MASSA (mezcla consistente, espesa e blanda que se obtén incorporando un líquido a úa materia pulverizada) e el sufixo -ARIAM, -eira.