Axuntar establece un acordo de colaboración con PuntoGal

PuntoGal reforza el sou compromiso coel galego de Asturias a través deste acordo de colaboración con Axuntar.

A asociación Axuntar traballa desde hai anos pola conservación, promoción e transmisión del galego propio del Eo-Navia, úa variedade lingüística que forma parte del Patrimonio cultural e lingüístico compartido entre Galicia e Asturias.

Para PuntoGal este convenio enmárcase nel sou compromiso de apoiar iniciativas que fortalecen el uso social da lingua galega e contribúen á súa presenza en todos os territorios onde se fala, así como nel ámbito dixital.

A través desta colaboración, ambas entidades reafirman a súa vontade de sumar esforzos pra garantir a visibilidade, a transmisión e el futuro del galego de Asturias, promovendo acciois que reforcen tanto el sou prestixio social como a súa presenza na rede.

Sobre Axuntar

Axuntar é úa asociación cultural sen ánimo de lucro que traballa pola conservación, promoción e normalización del galego de Asturias, propio da comarca del Eo-Navia. A entidade desenvolve actividades de divulgación, formación e sensibilización coel obxectivo de fortalecer el uso social da lingua e contribuír á súa transmisión ás novas xeracións. Organizan os “Premios Folgueira”, que reconocen el labor de persoas e entidades comprometidas coa dignificación del galego de Asturias, e promoven recursos lingüísticos, publicaciois e actividades formativas orientadas á protección e valorización deste Patrimonio cultural e lingüístico.

Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora del dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve el sou traballo en tres ámbitos principales: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e acciois corporativas de apoio a iniciativas nel ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.700 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.


30 de xunio de 2026

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.