
Por Begoña martín acero
Por qué tar en Axuntar
Hai muitos motivos polos que tar en Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias (“Falar a nosa lingua é crear un núcleo de luz, un faro para nós e para os demais”, escribía en 1917 Xaime Quintanilla, un dos participantes na I Asamblea das Irmandades da Fala) pero, tal vez para min el motivo máis importante é porque hai que conseguir que -por amor á cultura, ás linguas e al territorio– se poda abrir esa porta que despós de tantos anos inda segue -triste e incomprensiblemente- pechada; esa porta pola que os nosos pequenos e pequenas del Eo-Navia podan acceder aos estudios de e en lingua galega. Porque lo merecen. Porque é importante pra que non perdan as súas raíces nin a súa historia, pra que el sou mundo non se desdibuxe, pra non esqueicer a herdanza das avolas, dos pais, dos bisavolos e antepasadas… e porque non poden perder esa conexión lingüística e vital que temos en común coa lusofonía. Sería úa pena a nivel vivencial, cultural, laboral..
É urxente superar os prexuízos que impediron que así fose, antes de que esta lingua nosa se perda ou la fagan desaparecer, porque abrir esa porta é mui necesario, entre outras cousas porque a vida é hoxe complicada prá xente nova e hai que arrimar el ombro pra abrirlles camíos.
Aproveitando este espacio e dirixíndome a quen corresponda, dígovos que POÑADES XA REMEDIO de úa vez por todas pra que non esqueizamos as palabras, porque sen elas, como dice el poeta da Terra Cha, Manuel María (quen tan ben soubo expresar os sentimentos cara á lingua), “NON SEREMOS NINGUÉN”.
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós,
ese breve ronsel
que deixaremos nós.
(…)
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Si perdemos a fala,
non seremos ninguén!
(Extracto del texto lido nas II Xornadas da lingua e cultura galega de Asturias, Oviedo 12-12-25).
