El galego de Asturias presente na creación del Consello de Linguas Cooficiales del Estado

A Universidade del País Vasco, en Donostia, acollía el 3 de novembre a xuntanza constitutiva del Consello das Linguas Oficiales. Este novo organismo nace pra fer el seguimento, a nivel estatal, en materia de política lingüística: servir como foro de debate entre as distintas administraciois; estudiar a situación das distintas linguas oficiales; e impulsar a aplicación e el seguimento dos compromisos adquiridos por España nel marco da Carta Europea das Linguas Rexionales e minoritarias del Consello de Europa.

Serán membros plenos os representantes dos gobernos daquelas autonomías que contan con lingua propia (País Vasco, Cataluña, Navarra, Comunidade Valenciana, Illas Baleares e Galicia) e tamén os organismos e instituciois con especial relevancia en materia de linguas. Como convidadas tán incluidas as academias dos territorios correspondentes, entre as que se atopa a Real Academia Galega. Por este motivo, asistiron al encontro inaugural deste organismo el secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e el presidente da RAG, Henrique Monteagudo.

El presidente da RAG reivindicou dous temas ben importantes: axilizar a incorporación del galego á oferta infantil de RTVE (de maneira especial naquela dirixida al público infantil a través de Clan TV) e a importancia de que se recoñeza a galeguidade das falas del Eo-Navia.

E necesario destacar a relevancia e fortaleza institucional que pral galego de Asturias supón que na reunión de constitución del Consello das Linguas Oficiais se reivindique a pertenza das falas del Eo-Navia á galegofonía e se inste a incorporar el galego na oferta de RTVE. Tanto úa cousa como el outra son decisivas e valiosas pra os /as galegofalantes de Asturias. Primeiro porque supón un importante fito na dignificación idiomática da lingua nel territorio da Autonomía asturiana e porque contar con recursos audiovisuales en galego é úa asignatura pendente en Asturias.

Asturias debe saber aproveitar que -gracias al territorio de idioma galego- a nosa Autonomía forma parte del ámbito da lusofonía ou da galegofonía e este feito representa úa ventaxa xeopolítica, económica e cultural.

Nel ámbito cultural e educativo, a galegofonía implica intecambios univesitarios, programas de becas, fomento e respecto da diversidade lingüística e poñer en valor a lingua galega como ben inmaterial de Asturias. Por medio de convenios, favorecendo estudios filolóxicos e potenciando vínculos e proxectos de ámbito extracomunitario, abriranse oportunidades de grande importancia nel enriquecimento del panorama cultural asturiano e incluso nos ámbitos dos negocios e/ou inversiois. (Núa próxima entrada da nosa web falaremos das posiblidades que se abren pra os/as galegofalantes de Asturias nel ámbito da galego-lusofonía e dos requisitos necesarios).

Os documentos medievales da comarca del Eo-Navia acreditan sen cuestionamento posible os argumentos de carácter histórico-lingüístico (e non de adscripción política) que xuncen el noso territorio -e por tanto, a Asturias- con ese tronco galego-portugués, coa galego-lusofonía.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.