Nel Dicionario de Varela Aenlle:
peneirar. v. Separar o cereal do farelo cunha peneira; cribar. 2. Mover con violencia unha cousa ou unha persoa. 3. Mover as ás de xeito axitado o peneireiro ou outra ave. 4. Criticar con desvergonza. 5. Abalar un neno no berce ou no colo para que durma.
peneira. s. f. Utensilio como o cribo, pero cun fondo de tea metálica máis fino. 2. Mecanismo dos muíños máis modernos que separa a fariña do farelo. 3. Molusco gasterópodo prosobranquio, con cuncha plana e ancha e só lixeiramente espiralada na súa parte superior. A cara interna é moi nacarada e no bordo externo ten unha serie de orificios. A súa coloración exterior é vermella, parda ou verdeal (Haliotis tuberculata), (Tapia de Casarego). // Ser raro como unha (uha) peneira. Ser moi raro.
peneirado, -a. adx. Cribado. 2. Sacudido. 3. s. m. Acción de peneirar.
Nel dicionario da RAG:
Pasar pola peneira.Peneirar a fariña. SINÓNIMOS barutar, bortelar, xirgar. CONFRÓNTESE cribar, esfarelar. Os albaneis peneiran a area para facer a masa. 2figuradoLimpar de impurezas ou defectos [unha cousa non material].O traballo non está mal, pero aínda ten moito que peneirar.SINÓNIMOS cribar, depurar, perfeccionar. verbo pronominal 3Mover acentuadamente os ombreiros e as cadeiras ao camiñar.Mira como se peneira.
Refrais e ditos:
Pasando el engavelado vénche lougo el peneirado (Refrán agrícola).
E canciois:

Arrabiache pola peneira,
arrabiache por peneirar,
arrabiache por ter amores,
arrabiache por te casar…

