
Fonte: TFG «Situación Sociolingüística do galego do Eo-Navia», Alberte Facal
Un estudio sociolingüístico e TFG de Alberte Facal Malvar (Universidade de Vigo, 2024) deixa en evidencia el estudio tendencioso publicado nel 2021 pola Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) según el cual nel Eo-Navia decimos que falamos eonaviego un 65,5 % dos habitantes.
El estudio de Alberte Facal mostra que as opcioiss maioritarias son fala (56,1%), chapurriao (9.5%), galego ou galego-asturiano (estos dous últimos superan el 17 %), mentras que eonaviego queda nun 2.5% e asturiano ou bable solo lo utiliza un testimonial 1,4 % dos entrevistados/as.
Sorprende a relevancia dada pola ALLA al Glotónimo asturiano (14%), cando lo certo é que aparece cun 1,4% de aceptación nel estudio de Alberte Facal.
A mostra ten el carácter de representativa e recolle un total de 367 persoas, entrevistadas entre os meses de xullo e decembro de 2024. A distribución por xénero foi equilibrada, con 182 homes e 185 mulleres.
En canto á franxa de edade, participaron 46 persoas menores de 30 anos, 158 entre os 30 e os 60 anos, e 162 maiores de 60 anos.
A mostra abrangueu 17 concellos, representativos de tres zonas principais: A Mariña, con 100 participantes; A raia con Galicia, con 154 persoas; A montaña, con 113 participantes.

II Xornadas da lingua e da cultura galegla de Asturias. UniOvi, decembre, 2025.
