
ROSA CORTIZO recorda os tempos pasados en Zadamoño:
Nel tempo del verao nas aldeas recollíase el herba, mallábase, trillábase e os pequenos andaban ás ras e aos saltamontes; fíamos como eles, saltábamos e fíamos picias nas pozas del río, tíamos as truitas revolucionadas e, entre salto de pedra en pedra, un remollón. Os poucos forasteiros que chegaban con nenos vían das capitales, falaban mui fino e en castelá., Os rapacíos eran pouco atrevidos pra seguirnos nos xogos e a fer argalladas das nosas: coller amorodos e moras, cereixas e de todo o que houbera polos hortos e os camíos.
Pero que benvidos eran os veraos nas nosas aldeas!
Veraos cheos de bon sol, de non ir á escola e de axudar na casa, coller os ovos e rompellos na cesta, mollarse nas pozas e inventar diabluras, acompañar e fer de «cesto» coas mozas que iban ás festas vecías e mirallas cómo escondían as alpargatas e cómo se puían os tacoís pra ir al baile.
Muitos recordos que xa non son nin parecidos.

Conto me alegro por toda a xente de Zadamoño. A xente nova volve a manter as tradiciois.
Condo eu vivía nel poblo, daquela era sagrado -el día de San Pedro e tamén el seguinte, «San Pedrín»- acordeón nel Vallín e na carretera e meu tío Cortizo enfriando as bebidas del chigre nel regato. Eran días alegres. San Pedro daba úa volta alredor da sua igresia e tiraban cohetes, fíanse comuniois etc.
Os meus primeiros bailes coel acordeón de Manolín de Ponticiella e outro que esqueicín, unde tocaban piezas como: María Isabel, «La playa estaba desierta, el mar bañaba tu piel, cantando con mi guitarra para tí María Isabel, chiribiribi popopopó».
Nas casas fían chocolate, fillolas… Ambiente e un parar un pouco dos llabores del campo.
Por eso hoi acórdome, xa que foron as primeiras festas que de nena vivín.
Ei vai úa letra de úa canción que dedicaba el acordeonista:
As mozas de Zadamoño
son bastante búas mozas,
solo tein un defecto:
que son un pouco orgullosas.

Beber viño nel cacho
era o que nel chigre pedía el borracho.
E díxolle el cantineiro:
bebe e paga, non me señas barulleiro.

Dixénlle al volo:
-Quero que me fagas un abanico, como el que ten Aurita.
E contestoume el volo:
-Aquí nun fai falta el abanico, fai fresco abondo. Pero vou idear un para que calles a boca, nenía.
E tróuxome este:
