A revista Xistral presenta el sou número 26

Este martes 23 de decembre, nel Museo Interactivo da Historia de Lugo, presentouse el número 26 da revista Xistral, un proxecto literario creado por Manuel María en 1949. Aquí el pdf deste primeiro número, páxinas poéticas inesqueicibles e hoxe en día inencontrables.

Xistral foi un proxecto de xuventude del autor da Terra Chá xunto al sou amigo Manuel Antonio Sopena, da que solo se editaron dous números -en edición blingüe e de 8 páxinas cada un-, na que participaron autores tan importantes prás nosas letras como Cunqueiro, Pimentel e Aquilino Iglesia Alvariño.

Nel ano 2000 el Concello de Lugo retomou a súa publicación.

Deste número 26, Toño Núñez foi el sou coordinador e nel Consello de redacción participaron Marica Campo, Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo e Tareixa A. Ferreiro Tallón. Conta con preciosas ilustraciois de Jesús Alfonso Parada Jato e María José Rodríguez García. E nel participan un total de 108 poetas, 55 homes e 53 mulleres. Este é el listado completo de autores e autoras, configurando úa edición especialmente ampla e representativa da diversidade poética actual en lingua galega:

Carlos Abeledo Maristany, Yolanda Alcas, Xavier Álvarez-Blázquez Fernández, María José Alvite, Delfina Amoroso Abuín, Ana Arias Castro, Carlos Arias, Xesús Bermúdez Tellado, Carmen Blanco, Jose Blázquez, Dionisio Bran, Antón Cando, Xosé Manoel Casar piteira, Luís Chapela Bermúdez Luís da Roxa, Fernando da Serra, Luz Darriba, Tino de Féliz, Esther Díaz López, Lois Diéguez, Xosé Manuel do Castro, Luciano do Monfadal, Domus Áurea, Beatriz Dourado, Aleksandr Dziuba, Manuel Eiza, José Estévez López, Mª Sara Fernández, Fernando Juan Cone, Adela Figueroa Panisse Curra, Manuel Formoso, Antom Fortes Torres, Ana Mar Fraga Rábade, Teresa G. Senra, Paloma García Méndez, Antonio García Teijeiro, María García, Xosé Lois García, Chelo Gayoso Díaz, Ana Belén Gómez Roca, Xesús Pablo González Moreiras, Antón Grande, Dolores Guerrero, Mero Iglesias, Jonathan Jorge Guille, Antom Laia, Paco Ledo, A. Lois, Lomarto, Sui Lóng Xue Bào, Suso López, Magadán, Begoña Martín Acero, Emilia Martínez Fuertes, Martiño Maseda, Sonia Melón, Eva Méndez do Roxo, Amalia Méndez Lombao, Paulo Naseiro, Manuel Xosé Neira, Nieves Neira, Xoán Neira, Toño Núñez, Xaime Oroza, Xosé Otero Canto, David Otero, Jesús Alfonso Parada Jato, Conchita Paz Montenegro, Luísa Paz Montenegro, José Pedreira, Vicente Piñeiro, XoXé Pompei, Xerardo Quintiá, Rafa Ramos, Antonio José Francisco Rey, Pedro Rielo, Carmen Rivero Gallego, Claudio Rodríguez Fer, Benito Eladio Rodríguez Fernández, María José Rodríguez Losada, Margarita Rodríguez Otero, Concha Rodríguez, Simón Rodríguez, Quique Roxíos, Ruth Santiso, Eva Teixeiro, José Torres, Xesús Trashorras, José Carlos Ulloa García, Charo Valcárcel, Andrea Valle, Elena Varela Vázquez, Xose Luís Vázquez Somoza, Manuel Vázquez, Sara Veiga, Elvira Veloso, José Vieira, Helena Villar Janeiro, Branca Villar, Carmen Espiño e X. m. XESPI.

El Eo-Navia tamén tuvo presente nesta edición, con autores e autoras como: Paloma García Méndez, Begoña Martín Acero e Quique Roxíos.

El acto, áxil e emocionante polo que representa Xistral prá literatura en lingua galega, foi presentado por Toño Núñez e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua del Concello de Lugo (Maite Ferreiro) e nel léronse muitos dos poemas que contén a revista.

Al rematar houbo dúas sorpresas: úa performance dun poeta novo venezolano-galego, titulada Yo-Eu e un vídeo, «A aviadora».

Aquí vos deixamos úa mostra de dous poemas incluídos neste número 26 de Xistral. Revista Lucensde de Creación Poética:

As vacas do país

Veño da paisaxe da Terra Chá,
do mar de terra verde de Díaz Castro.
Do país das corredoiras por onde pisaban as vacas na miña nenez.
Dende a Agüela ata Mozorocos.
Veño da paisaxe dos carballos onde se pousaban os paxaros que o avó nomeaba:
rula, peto, pega, corvo... andoriña.
Terra de roles impostos polo relevo xeracional.
Un paso adiante i outro atrás, de Nimbos.
E, que nos queda?
Estercar a leira con bosta.
Bosta das netas daquelas vacas que antes percorrían os camiños antergos.
Bebe-la paisaxe para combater as raíces podres.
Combater a tristura con alentos novos,
converter a vontade en determinación.
Volvo repetir, que nos queda? Facer país.
As vacas somos nós.

Sara Veiga
Rescate

A primeira palabra prohibida foi galía.
Inesperado cataclismo nun corazón de dous anos
que empezaba a nomear el mundo.
Querían pra min un futuro
lonxe da bula, da lama,
das maos aterecidas nel nabal.
Pero eu qué sabía.
A maestra ríase dúa nena que falaba
como lle aprendera a avola:
alferga, miolo, guindar.
Na nosa aldea decíase amesta, repolgo, cantelo,
roxar, rustrir, gramar,
aparar, desengrir, salcochar.
A min non me deixaban falar como a xente,
pero as palabras quedaron dentro.
Escondidas, feridas algúas.
Pero non esqueicidas.
Por eso, apoupando,
quixera volver a elas.
Tocalas con bioco,
cofar nas súas letras,
revivir os sous acentos,
(vocales abertas ou pechadas)
formar na boca el sou son
para despois soltalas
e sentilas repenicar.
Atotarme, envolverme
na lingua que me deron e me quitaron.
Pequeno, íntimo milagro,
por fin.

Paloma García Méndez

Ligazón a un comentario de María L. Sández na Voz de Galicia.

Comparte

2 comentarios en “A revista Xistral presenta el sou número 26”

  1. En nome da familia Xistral, grazas pola difusión, Axuntar. Nunha revista plural coma nosa, é marabilloso contar con poemas escritos en todos os rexistros do galego e, como non, no galego de Asturias tamén. Boas festas amigas e amigos de eí adiante.

Responder a BMAcero Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.