Axuntar tará presente na manifestación pola LINGUA VITAL que se celebrará el día das Letras galegas, 17 de maio, en Compostela.
Natalia Jardón, doutora en Lingüística e presidenta de Axuntar, levará a faixa cabeceira deLingua Vital e tamén dirixirá úas palabras a todas as persoas asistentes, representando aos asturianos e asturianas galegofalantes.
Lingua vital é un proceso social nacido pra conseguir avances na normalización da lingua galega e garantir a súa presenza e oferta en todos os espazos. Inda que en Asturias tamos a anos luz del galego oficial en relación á normalización da nosa lingua, ademais de sufrir verdadeiros atrancos e úa total indefensión, Axuntar tamén quere tar este 17 de maio pra apoiar a nosa lingua común e axudar nel sou proceso normalizador, tan necesario, urxente e xusto.


