
El Contexto:
Que ta pasando? Hai un consenso científico comunmente admitido que certifica a evidencia de que na zona comprendida entre os ríos Eo e Navia, parte dos concellos de Navia, Villallón, Pola de Allande e Ibias, fálase úa lingua que historicamente forma parte del tronco lingüístico galaico-portugués e que é úa variante dialectal máis del galego oriental. Mentres que os lingüistas e el propio Consello de Europa lo definen como galego ( chamado galego-asturiano en Asturias), el Goberno del Principado e a Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) promoven el termo «eonaviego», tratando al idioma del territorio como úa fala diferente, un champiñón lingüístico nacido dun xeito sobrenatural sen filiación acreditada, ou como úa variante máis del bable, a tenor da súa norma escrita. Esta situación xenera un forte conflito identitario e científico.
El detonante dun dos últimos e vergonzosos sucesos foi a presentación na sede da Academia de la LLingua Asturiana (ALLA) da terceira edición das Normas ortográficas del eonaviego. El acto, que contou coa a asistencia del Presidente de Asturias, Adrián Barbón, foi anunciado nas redes sociales polo Parque Histórico del Navia. A ALLA non anunciou el acto e limitouse a publicar fotos nel mesmo momento que comenzaba, lo que demostra que son conscientes del conflito e tein interese en silencialo.

El Parque histórico del Navia informa del acto que vei ter lugar na ALLa, ás 18:00 horas del mesmo día

Aparecen os dous primeiros comentarios de crítica. Pronto son censurados inda que despois volven permitir visualizalos.
A controversia estoupou condo diversos usuarios e divulgadores nas redes sociales e colectivos, como Axuntar, Asociación prá normalización del galego de Asturias, empezaron a comentar as publicaciois.
Axuntar fexo constar que el Consello de Europa, nel sou último informe, cuestiona abertamente a política da Academia e pide que se recoñeza a realidade lingüística galega desta zona. A resposta das instituciois foi, primeiro, ocultar as mensaxes, finalmente, bloquear por completo a posibilidade de comentar nas súas redes sociais.
Análise: As instituciois públicas frente á disidencia.
A actuación da Academia de la Llingua Asturiana e del Parque Histórico del Navia non é solo un problema de xestión de redes sociales; supón un aviso de alerta sobre a calidade democrática das instituciois asturianas polo seguinte:
1. Un atentado contra a liberdade de expresión. As instituciois públicas fináncianse cos impostos de todos os cidadaos. As súas redes sociales deben ser cal de comunicación bidireccional, non mural de propaganda. Al eliminar os comentarios que citan informes oficiales de organismos internacionales, estas entidades tán a exercer úa censura reactiva que vulnera el dereito á discrepancia.
2. El uso de «eonaviego» como ferramenta de control. EL uso del anti-Glotónimo «eonaviego» frente al Glotónimo legal, «galego-asturiano» e el intento de ocultar que é galego, non é úa cuestión menor. Ben al contrario, trátase dúa estratexia pra fragmentar a unidade da lingua galega e asimilala al ámbito asturleonés. Ademais, al bloquear el debate, a Academia evita que el gran público e a sociedade asturiana seña consciente de que as normas ortográficas que se presentan nel acto en cuestión non concilian cos mandatos del Comité de Expertos de Europa, que son úas normas que tein oposición nel territorio e nos ámbitos universitarios. El acto de censura é úa alarma que advirte de que hai un comportamento desleal, algún enredo oscuro e inxusto na política que se nos vende como positiva. Al cabo queren convencer aos galegofalantes asturianos de que existe úa política lingüistica cosensuada unde hai un conflito que internacionalmente evidencia el propio VI Informe del Consello de Europa.
3. A conversión en «aparatos ideolóxicos». Condo úa institución académica deixa de debater con argumentos científicos e pasa a silenciar aos críticos, pérdese a súa función orixinal. Neste caso, as institucións actúan como:
● Filtros de adoutrinamento: Al borrar a información sobre el Informe del Consello de Europa, pretenden que a opinión pública solo reciba úa versión da realidade.
● Chiringuitos de pensamento único: En lugar de ser espazos abertos, convértense en estruturas herméticas que protexen úa narrativa oficial por riba da verdade científica ou a pluralidade social. A institución dá posiciois de poder, postos e medallas pra os que son adictos á mesma ideoloxía ou comulgan con rodas de molíos.

«Me gustas» núa das Redes Sociales del Parque histórico del Navia.
4. Dudosa legalidade e control democrático. A xestión de plataformas públicas eliminando críticas non ofensivas podería considerarse úa desviación de poder. Úa administración non pode facer desaparecer as voces que lle resultan incómodas, especialmente condo esas voces tán a achegar información pública e oficial sobre deretos lingüísticos amparados internacionalmente por un tratado del que el Estado español é parte: A Carta Europea de Linguas Rexionales e/ou Minoritarias de 5 de novembre de 1992.
Conclusión
EL silencio imposto pola Academia de la Llingua Asturiana revela úa debilidade argumental. Al bloquear os comentarios, non tán a protexer a lingua, tán a protexer un relato político que se desmorona fronte ás evidencias científicas e ás directrices europeas. Utilizan un modelo de Normalización lingüística vestindo a suposta lingua a tutelar coas normas ortográficas doutro idioma. Convirten un idioma núa fala sen filiación que necesita de censura para ser defendida e inventan úa lingua que ta a ser utilizada como arma política contra os sous propios falantes en beneficio de intereses ideolóxicos de corte autoritaritario e autocrático. Por non poder, non poden nin colaborar coas universidades… non hai el rigor requerido.
Esta é úa das mensaxes censuradas e bloqueadas, escrita por Axuntar:
El VI Informe do Comité de Expertos do Consello de Europa publicado el 14/09/2024:
1. Dice que el nome da lingua é «galego (chamado galego-asturiano en Asturias)», e que debe aparecer de modo explícito nel Estatuto de Autonomía.
2. Critica que o Goberno de Asturias non fomente vínculos coas outras Comunidades galegofalantes, e con Galicia (incumprindo o artigo 7.1.e da Carta Europea),
3. Califica de insuficiente a presenza del galego-asturiano nos medios de comunicación públicos (RTPA). Pide que se establezan cotas de programación estables para evitar que a lingua quede fóra del espazo público audiovisual.

Tras ser borrado el comentario de Axuntar, Natalia Jardón Pérez, Presidenta de Axuntar, volve a facer el mesmo comentario que tamén é máis tarde eliminado. Van aparecendo críticas:

Outros comentarios
El Presidente del Principado chegou a contestar un dos comentarios pero sen entrar nel cerno del asunto. El Sr. Adrián Barbón fexo como que nin vía el comentario feito por Axuntar, leva anos fendo como que non nos ve, como que non existimos,. Non importa que as propostas de Axuntar conten coel respaldo del Comité de Expertos del Consello de Europa, non impota que a nosa asociación fose quen de organizar úas Xornadas académicas na Universidade de Ovieu, non importa nada condo el propósito principal é negar a existencia del outro, ignorar, deslexitimar, desvalorizar os argumentos feitos desde a ciencia e a razón, negar el debate mesmo pra impoñer un criterio despóticamente decidido. Al noso modo de ver, ese comportamento é desleal coas súas obligaciois e implica que el Sr. Presidente elude as súas responsabilidades democráticas e incumpre el sou deber de representar a todos os asturian@s, concretamente, aos asturianos conscientes de ser galegofalantes. Parece mentira, é feo, é triste e é antidemocrático. Existimos.

Vexamos el confllicto nel propio texto del VI Informe del Comité de Expertos del Consello de Europa:

El Consello de Europa informa neste VI informe de 24/09/2024, dos argumentos del Principado a favor del Glotónimo «eonaviego», (baseado -dicen- nun acordo social de larga duración » sobre el nome da lingua), pero el organismo europeo non fai sou ese termo e sempre se refíre al idioma como «gallego (chamado galego-asturiano en Asturias)«.
Queda acreditado que a ALLA é a inventora del termo (vende como consenso úa política de imposición lingüística prá que crea úa rede de «lealtades») e que son as autoridades del Principado as que propoin que se utilice. Tamén é indiscutible que el Consello recorda que, según a información da que se dispón e os criterios científicos, esta lingua pertence al dominio lingüístico galego e decide seguir chamándolle galego por trátarse da mesma lingua desde un punto de vista Filolóxico.
Por si fora pouco el Consello advirte contra el uso de glotónimos diferenciados se estos tein como propósito fragmentar a protección creando barreiras artificiales e dificultando a cooperación transfronteiriza.
Máis claro non se pode dicir pero como se ougüiran chover.
