Nel dicionario marabilloso de Varela Aenlle xa nos aparece muita información sobre este precioso animalín que deberíamos cuidar muito porque ta en grave proceso de desaparición:
Sapagueira. s. f. Anfibio urodelo, duns dezaoito centímetros de lonxitude normalmente, corpo negro con manchas amarelas ou laranxas, cabeza tan longa como ancha, fociño redondeado e ollos grandes e saltóns. Ten rabo cilíndrico e catro patas con cinco dedos nas dianteiras e catro nas traseiras. A pel é lisa ou verrugosa. Vive en lugares húmidos ou de vexetación espesa, debaixo das pedras ou da madeira (Salamandra salamandra), (Eilao, Boal, Ibias, Castropol, Coaña, Villaión, Tapia de Casarego, Grandas de Salime, San Martín de Ozcos, Santalla de Ozcos, A Veiga, El Franco, Allande).
El sou nome científico é: Salamandra salamandra.
Sinónimos: becha, bicha, pinchorra, píntega, sacabeira, sacarrancha, salamanca, sapagueira.
Detrás del nome científico salamandra salamandra temos un dos anfibios con máis denominaciois en lingua galega: becha ou bicha, pinchorra, sacabeira, sacarrancha, salamanca ou salamántiga e tamén sapagueira. Seña cual seña el xeito de chamarlle, sempre é un animal envolto na superstición, xa que se chegou a considerar que era perigoso e mui velenoso.
A mala fama que o acompaña parece que ten que ver coel sou aspecto, determinado pola cor negra (vencellada ao lúgubre) e as pintas amarelas brillantes; mais tamén coel líquido que segregan condo se asustan. É certo que ese fluído é algo noxento e que nos pode producir un goxo (“erupción cutánea”), pero se un se lava, xa nin se sente. Outra cousa é el sou efecto sobre os animales máis pequenos, pra os que si pode ser letal. Isto contribuíu á crenza del aire, que se podería definir como a ‘envoltura máxica que posúen determinados anfibios’. Cientificamente todo é máis prosaico e el «aire» non é máis que esa película de pingas que a nosa amiga proxecta condo se sente en perigo.
Ademais de merecerlle mala prensa, el sou aspecto ten tamén muito que ver con algús dos nomes que recibe. É el caso de píntega ou pinchorra, que toman como base de formación el substantivo pinta “mancha de distinta cor á da superficie na que se encontra”; ou pincha, que é tamén úa sorte de mancha. El uso desta denominación concéntrase na área central de Galicia, nel encontro das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra.
Nel caso de pezoña ou pesoia a nomenclatura ta motivada pola substancia que segrega el animal e sitúase el sou uso nel galego occidental.
Nel outro extremo, en Ourense e sur de Lugo, achamos os termos salamántiga e salamanca, que remiten con claridade al étimo latino salamandra.
E as formas sapagueira e sacabeira son propias da provincia de Lugo cara al norte e tamén al territorio Eo-Navia e remiten a formas moi antigas das linguas anteriores á romana.

A salamandra, píntega, pezoia, pezoña ou sapagueira, é un dos anfibios máis vencellados ás nosas raíces culturales. Dende el sou poder mitolóxico de salir del lume (lenda xurdida, probablemente, de animales agochados en troncos que se botaban á lareira), asta a estampa dúa noite de chuvia albiscando ducias de píntegas que salen buscar parella, coa crenza de que respirar el sou “aire” pode levarnos á morte, e tocalas equivale a «perder a mao». Pero sabemos hoxe que a súa “perigosidade” limítase ás binocas e outros pequenos animales dos que se alimenta.
A sapagueira é un anfibio peculiar, moito máis terrestre que acuático. Tanto é así que realiza os apareamentos en terra, durante as noites de outono, condo a femia recolle -se lo acepta- el espermatóforo nel que el macho guardou a súa información xenética. A fase de ovo tampouco transcorre nel auga, e nalgúas poboaciois extraordinarias (concretamente en dúas delas) nin sequera as larvas son acuáticas, desenvolvéndose dentro da mai asta que completan a metamorfose. Nel resto de poboaciois as femias, nel inverno, liberan entre 30 e 40 larvas en charcas e regatos ben osixenados, nos que permanecerán predando sobre pequenos invertebrados asta a primavera seguinte.

Aquí podedes descargar un tríptico sobre a sapagueira.
A diminución dos principales hábitats ocupados por esta especie (eliminación de fragas por eucaliptización, ou desaparición de prados e cultivos polo abandono das tarefas agrícolas e gadeiras tradicionales), unido á alteración ou redución das súas zonas de reprodución (a causa da canalización de cursos de auga, recheos de charcas, destrución de turbeiras, entre outras), cóntanse entre as pricipales ameazas prá sapagueira. Os atropelos na rede viaria e a presenza de especies exóticas invasoras poden ser factores que afecten tamén negativamente na conservación das súas poboaciois.

