
OS ESTUDOS DE FILOLOXÍA DE OVIEDO EQUIPARÁN O GALEGO E O PORTUGUÉS AO INGLÉS NA SÚA OFERTA ACADÉMICA
Nota del Representante do Alumnado, Antonón Trouxo Estelas:«Nun mundo globalizado, a proximidade xeográfica e a unidade lingüística do bloque luso-galaico son activos estratéxicos para os alumnos».
O Consello Autonómico de Universidades aprobou esta mañá unha medida histórica: a integración dos estudios de Galego e Portugués co mesmo estatus académico e administrativo que o Inglés ou o francés.
A efectos académicos a Universidade utilizará a norma do galego Estándar.
Esta decisión, según un comunicado da institución universitaria, «busca fomentar o plurilingüismo no Espacio Europeo de Educación Superior e reforzar os lazos culturais e económicos coa Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e coa Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), un organismo internacional entre países de todo o mundo de idioma portugués, creado en 1996, do que España é Estado Observador Asociado dende 2021″.
O galego e o portugués adoptarán as seguintes condicións:
- Requisito de Grao: Os estudantes poderán certificar a súa competencia lingüística obrigatoria para a obtención do título de Grao mediante o galego ou o portugués, do mesmo xeito que se fai co nivel B1/B2 de inglés.
- Créditos de Libre Configuración: Ofertaránse materias transversais nestes idiomas para todas as facultades, computables como créditos ECTS.
- Programas de Mobilidade Prioritarios: Crearanse convenios de intercambio específicos «tipo Erasmus» con universidades galegas e lusitanas que terán a mesma dotación económica e recoñecemento que os destinos anglosaxóns.
- Capacitación Docente: O profesorado poderá obter a certificación para impartir as súas materias en galego ou portugués, recibindo o mesmo incentivo que pola docencia en lingua inglesa.
O mapa lingüístico actual da Universidade de Oviedo
Con esta incorporación, a Universidade de Oviedo consolida unha das ofertas en linguas e filoloxías máis robustas do norte de España:
1. Estudos de Filoloxía (Graos específicos):
- Estudos Ingleses: O motor principal da Facultade de Filosofía e Letras.
- Lingua Española e as súas Literaturas: Cun forte enfoque na relación con América Latina.
- Estudos Clásicos: Centrado en Latín e Grego.
- Estudos Románicos: Onde xa existía presenza do francés e o italiano, e onde agora encaixarán de forma reforzada o galego e o portugués.
2. Outras linguas estranxeiras (La Casa de las Lenguas):
Ademais das filoloxías, a Universidade imparte e certifica a través do seu centro especializado (La Casa de las Lenguas) os seguintes idiomas:
- Francés e Alemán: Con longa tradición en convenios técnicos e de enxeñaría.
- Italiano: Moi demandado por estudantes de Historia da Arte e Humanidades.
- Chinés e Xaponés: Como linguas de apertura comercial e cultural.
- Árabe moderno.
3. Lingua Asturiana e galego de Asturias:
Mención aparte merece o Asturiano, que conta co seu propio Minor (especialización) e presenza transversal en diversos graos, sendo unha seña de identidade propia da institución. A mesma situación pasará a tela o galego de Asturias, garantindo unha preparación axeitada dos futuros profesores e convertíndose en señal de identidade e lingua cooficial, xunto ao asturiano, da universidade da capital asturiana.
Nota do Sindicato de Estudantes pola Diversidade: «Trátase de entender que nun mundo globalizado, a proximidade xeográfica e a unidade lingüística do bloque luso-galaico son activos estratéxicos para os alumnos».
Desde Axuntar, a Xunta Directiva mantén un silencio conservador e desconfiado xa que como dice el recentemente designado vocal da asociación, Xavier Fortes:
«Tal día como hoxe, o 28 de decembro de 2024, o goberno asturiano anunciou a súa decisión de crear a Academia do galego de Asturias, decisión que inda non se acabou concretando. Como ben sinalaba Antonón Trouxo, el 28 de decembre é el día del ano nel que suceden cousas marabillosas…». Ver nova publicada nos medios de prensa de hai hoxe un ano.

