Palabra de decembre: papas

Nel dicionario del galego de Asturias de Varela Aenlle:

Alimento feito con leite e fariña de millo ou trigo, cocido con auga e sal. // Comerlle as papas a alguén na cabeza. Ser máis alto que a outra persoa (Boal). // Nun ter papas na boca. Dicilo todo, falar moito. 2. Expresarse ben. // Papa de arroz. Arroz con leite. // Papa de meiz. Papa feita con millo, podendo ser torrada ou sen torrar. // Papa de trigo. Papa feita con fariña branca e leite. // Papa lenta (llenta). Feita con fariña de millo sen torrar. // Papa torrada. Feita con fariña de millo torrado. // Ser un probe chen de papas. Ser altivo, soberbio.

Papasello. s. m. Papa feita co caldo do cocido; paparello.

Paparellos. s. m. pl. Papas de fariña de millo feitas en caldo de verduras. 2. Papas mal feitas (San Martín de Ozcos).

Nel Dicionario da RAG:

substantivo feminino plural. Alimento que se obtén cocendo fariña, sobre todo de millo, en auga ou leite.Tiña o costume de almorzar con papas. SINÓNIMO polenta

FRASES E EXPRESIÓNS:

Comerlle (a alguén) as papas na cabeza. Ser máis alto ca alguén. É mais novo ca o irmán, pero xa lle come as papas na cabeza.

Non ter papas na boca. Falar claramente e sen rodeos.Sempre di o que pensa, non ten papas na boca. SINÓNIMOS non ter a lingua trabadanon ter lixos na linguanon ter pelos na lingua.

Pedir papas. Darse por vencido, nun xogo ou competición. Pides papas ou seguimos xogando?l

Dios nos llibre dun morto de fame chen de papas. Dios nos llibre dun probe chen de papas. Refrán que indica que hai que evitar os novos ricos.

Ser un morto de fame chen de papas. Ser unha persoa que non ten nada, aínda que quere aparentar outra cousa. Ser un probe chen de papas. Ser altivo, soberbio.

Agora? papas nel ola. Dito que se emprega pra indicar que unha cousa xa non ten remedio, que non vale arrepentirse.

Papascalentes. adx. e s. Alcume popular que se lles dá aos habitantes de Marentes (Ibias).

TIPOS DE PAPAS (nel dicionario da RAG):

Papas de arroz. Doce elaborado con arroz cocido en leite azucrado e aromatizado con rela de limón ou de laranxa e canela. A súa nai sempre lle preparaba papas de arroz e castañas cocidas. SINÓNIMO arroz con leite.

Papas trigas. Papas elaboradas con fariña de trigo. Peneirou a fariña para facer unhas papas trigas.

QUES FER PAPAS DE MEIZ?

Núa pota puemos 400 ml de auga a ferver con sal (ou si tamos fendo caldo, podemos utilizar esa auga básica). Mentras esperamos a que ferva, diluimos 100 g de faría de meiz en 100 ml de auga fría e mesturamos ben. Úa vez que el auga da pota ferva, amecemos a  faría disolta en auga e revolvemos de novo.

Cocémoslas durante úa media hora removendo con frecuencia para que non se peguen. Amecemos  un pouco de leite mentras se cocen (inda que esto é algo opcional, dálle un gusto especial).

Úa vez tán listas apartámoslas del lume e servímoslas en tazas pra que formen esa rica costra que tan ben sabe.

Comémoslas solas ou amecemos leite e azucre -ou solo leite- (un poco al gusto de cada un).

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.