1925-2025, Antolín Santos Mediante. Centenario dun premio literario

El 5 de outubro celebra Lugo as festas del patrón, San Froilán, as consideradas as festas florais máis bonitas del outono galego. E hai 100 anos, nel ano 1925, nel Certame da Poesía Galega, el que levou el premio foi un asturiano de idioma galego: Antolín Santos Mediante Ferraría.

Este autor é silenciado pola autoridades lingüísticas e culturales asturianas nel sou intento de ocultar que en Asturias se fala galego pero aquel premio e el sou Poema, A un moiño desfeito dan voz al noso idioma por riba de censuras.

Antolín Santos Mediante Ferraría (Taramundi, 1880-Piantón, A Veiga 1944).

Naquel entonces el premio foi celebrado  na revista de Cuba, “Asturias”, que publicou úa reseña  en 1926: “El Sr. Antolín S. Mediante, Maestro titular de este pueblo, está recibiendo infinidad de felicitaciones por el hermoso triunfo alcanzado con su bello trabajo, “Os Moiños Desfeitos”, en los Juegos Florales ultimamente celebrados en Lugo. A los muchos recibidos unimos el nuestro sinceramente. (Poesía Completa. Edición Xoán Babarro, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2008.p 472).

Esa felicitación ta contándonos que el feito de escribir e falar en galego era visto como algo normal -tendo en conta el idioma materno del autor-, e tamén con orgullo.

Este Poema represéntanos a nosoutros mesmos, á nosa zona, a nosa cultura e denuncia el descuido e a preguiza institucional na tutela del idioma propio. As palabras que constrúen ese Poema son un reflexo das paredes caídas do moíño, e hoxe a evidencia é que muitas desas palabras van perdéndose nel esqueicemento ou son expurgadas por consideralas «demasiado galegas». 

El molín desfeito polos estragos del tempo e as deixadeces humanas, representan -sen buscalo- a língua que  falaba Santos Mediante e que quedou orfa de tutela, convertida nun idioma minorizado, sitiado por culpas e prexuízos que lle fain  pagar os vidros que outros rompen, que lo obligan a devagar sen futuro. Porque os idiomas son de todos e todas e son inocentes, porque se indefenso é el idioma galego máis indefenso queren  al galego de Asturias.

A UN MOÍÑO DESFEITO

Moíño, vello moiño,

moíño de Brañavara,

que nalgún tempo moías 

sin sosego nin parada, 

i agora dórme-lo sono 

preguiceiro da folganza.

Moín de rego cativo, 

con sede nunca saciada, 

que, nas landreadas paredes 

inda parece que gardas 

a quentura dos afeutos 

que, mentras no gran mazcabas, 

ó teu arrimo prenderon 

en muitos sinxelas almas.

Moín esquencido e triste, 

moín de sorte menguada, 

que, nas misteriosas verbas 

que en ti recollen as auras 

pra romorosas turbar 

as noites en lene calma, 

con desemulo te queixas, 

e polo baixo salaias

lembrando nos teus adrentos

as galanceiras trulladas,

ledicias e travesuras

das noites de muiñada.

Mais, en fin, porque en malhora 

esvarou certa rapaza 

que a ti de moenda fora 

unha noite de xeada, 

algunhas lebres corridas 

que xa tamén moiñaran 

aló nos seus verdes anos, 

envexosas i anoxadas 

de ver que as de quince a vinte 

a dianteira lles tomaban, 

logo deron en pregoar 

que do pecado eras capa, 

que ó redor da túa muxega 

o demo de noite andaba 

i as mozas de ti saían 

coa conduta enfariñada…

Astra o crego dende o altar. 

aceso en carraxe santa, 

mandou que tódalas nais 

de ti as fillas recadaran, 

pois eras gancho do Inferno 

pra condenación das almas.

Dende entóncia-las meniñas 

que en algo a honra estimaban. 

fóronse de ti arredando 

pra que ninguén as luxara: 

perdiche toda a moenda, 

caiche en desminoranza, 

os que teus quendeiros foran 

xa nin un gran che levaban, 

quedache noites e días 

orfo de toda compaña: 

e como pra teu descargo,

 ¡xa agora!, non tiñas fala,

choveron sobre ti culpas

que con máis razón levaran

o pouco xuício dos mozos

i abrandura das rapazas…

Na comedia desta vida

non é raro ver que paga

os vidros que outro rompe,

quen quizais non lle tocara.

(8 de octubre 1925)

El noso galego sofre el estigma de ser idioma galego, quítanlle el Glotónimo, xébranlo del sou dominio lingüístico e proscriben literatura e escritores como se fosen el mesmo demo. Os cregos dícense académicos ou líderes políticos -condo non simples reaccionarios-, seguidores sen sabelo das teorías monolingüístas ou del cargo retribuído.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.