

Úa vez máis, Ribadeo, na súa XI Feira do libro (23, 24, e 25 deste mes), ocupouse nos sous eventos culturales del Eo-Navia. Desta vez, con úa exposición da produción escrita vinculada al galego de Asturias e tamén coa presentación del libro de M. Miragaia Roldán: A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias. Ademais leuse úa obra teatral escrita en galego de Asturias por El Galano (A Roda, 24 de maio 1922): Xa somos europeos.
A mostra bibliográfica pertenece aos fondos da Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho e son obras de autores e autoras del Eo-Navia que se expresan en lingua galega.





Deixamos aquí este testimonio del interés e del acercamento continuado que, ano tras ano, Ribadeo e a Asociación Francisco Lanza, coas súas Letras no Campo, manifestan cara al noso territorio e á lingua que compartimos.