Os xogos tradicionales del Eo-Navia. Xogamos?

Os xogos tradicionales, transmitidos de xeración en xeración, son os xogos infantiles clásicos ou xogos autóctonos, propios de úa rexión, comunidade ou país, os cuales tein úa orixe ancestral e son produto del inxenio ou da necesidade. Realízanse sin usar xoguetes complexos, usando el propio corpo, con recursos naturales (pedras, ramas, paos …) ou con obxectos caseiros (cordas, gomas, tizas…), por medio da imaxinación e da inventiva.

Nel Eo-Navia e alredores xogábamos a:

Neste xoga participan dous equipos con igual número de componentes. Xogábase núa calle ancha, ou núa praza. Cada bando colocábase xunto, nun lado («marro») oposto al outro. Por turno entre os equipos, iba salindo un xogador hacia el marro contrario e, si era pillado por algún oponente que salía na súa persecución, quedaba preso. Os que resultaban capturados iban colocándose en fila, collidos das maos e tocando el primeiro el marro del equipo que os mantía apresados, mentras que el último se aproximaba cara os sous compañeiros.

Sendos equipos cuidaban dos sous prisioneiros, ademais de intentar el rescate dos propios. Este se fía efectivo condo algún xogador salía al campo e chegaba a tocar al primeiro dos presos, de forma que todos eran liberados.

A partida finalizaba condo un equipo lograba fer prisioneiros a todos os componentes del bando oposto.

A patefa, deporte tradicional orixinario da zona de A Veiga e Os Ozcos, con gran implantación el século pasado.

As reglas son sencillas. En primeiro lugar, os participantes tein que elexir el orden de tirada, fendo que a súa pedra (chamada «patefa») quede lo máis cerca posible de úa liña dibuxada nel tarrén, pero sin sobrepasala. Úa vez establecido el orden, os xogadores, desde certa distancia, deben golpear al «tasco», outra pedra, sobre a cual tán colocadas varias monedas. El obxectivo é derribar el «tasco» e que as monedas queden máis cerca da «patefa» que del propio «tasco». Non é sencillo derribar el «tasco» e conta muito elexir ben a «patefa». Dicen na Veiga que as millores e as máis duras son as del río Suarón, as de Penarronda ou as del Eo al sou paso por Santiso de Abres.

Dibúxase un circuito nel tarrén. Podía ter máis ou menos dificultades, ter algúa «curva» perigosa, zonas máis estreitas…

Cada xogador debe desprazar a súa chapa, dándolle coel dedo corazón -fendo pinza coel pulgar-, indo por este circuito desde a salida asta a meta, tirando alternativamente entre todos os  xogadores. Si se sale del recorrido, a seguinte vez ten que volver a tirar desde onde se tirou a última vez e pérdese el turno.

A chapa que chegue primeiro á meta gana e consigue as chapas de todos os sous rivales.

Recordamos cómo se fían as chapas porque era un proceso entretido e divertido. Collíase úa que che gustase. Despós collías un cristalín e ibas dándolle a forma del interior da chapa, en redondo, raspándolo contra el tarrén, nas paredes das casas -se eran de granito, millor, porque fían de lixa- e condo tías el cristal del tamaño da chapa, buscabas lo que colocarías dentro pra adornala e que quedase lo máis chula posible: un xogador de fútbol, un animal, úa flor… e colocábasla dentro da chapa, tapándola coel cristal. Colocabas despós masilla fina pra que el cristal non salise del sou sito e así, condo secaba, xa la tías preparada pra xogar.

É un dos xogos tradicionales máis populares.. Pra xugar solo necesitas úa pedra (algúas veces, e maís modernamente, tamén se utilizaban as caxas de betún que se enchían de terra pra que pesasen máis) e úa tiza pra pintar nel tarrén os dibuxos característicos.

Con úa tiza branca e sobre el tarrén dibúxanse cuadrados e algún círculo ou algún dibuxo diferente e enuméranse del un al dez.

El participante lanza a pedra e debe  completar el casilleiro (ida e volta) saltando con úa sola perna por cada número asta chegar a onde ta a pedra, e collerá esta al pasar pola casía na que se encontre, saltándola porque nesa casilla non se poden poñer os pés.

Se a pedra non cae dentro das casías, perde el sou turno e tócalle tirar al seguinte.

El xugador que toque, al saltar, algúa raia das casías ou perda el equilibrio será el perdedor del xogo. El que poña el pé na casía onde ta a pedra, perde tamén.

El Ganador será el que chegue al número dez del circuito.

Quique Roxíos explica así as reglas del cascallo:

  1. -Na Carabañola el  primeiro xogador tira a súa pedra al 1, 2, 3, respectivamente coa mao.
  2. -Lougo, al coucepín (con un solo pé) ten que sacar a pedra de rectángulo en rectángulo.
  3. -Na zona chamada descanso poden pousarse os dous pés.
  4. -Condo toca tirar a pedra nel Inferno hai que pasala por el Boto, Corono
  5. -Na Gloria hai que que mandar a pedra á posición 1, pero  dándolle coa punta del pé  (al coucepín).
  6. -Un requisito del xogo é nun  «queimar» , lo que quere decir nun «pisar» níngúa raia.
  7. -El primeiro  que remata todo  el recorrido por toda carabañola é el que gana. 

Coas canicas (antiguamente xogábase con abelás grandes) pódese xogar a diferentes xogos, un delos é el gua. El gua é un pequeno oco ou furado nel tarrén que se pode fer coel pé na terra. O recomendable é que participen 4-5 nenos/as. Faise úa raia a dous ou tres pasos del gua e desde alí comenzan os participantes lanzando as súas canicas onde mellor lles pareza. A continuación e por turnos ou asta el primeiro fallo, hai que eliminar a canica del contrario ou úa de maior tamaño («bolón») batendo nela coa propia en 6 toques, que tein nomes: Primeira, Truque, Matruque, Pés (a canica debe quedar alonxada dos pés del que la lanzou), Paso bóla (debe alonxarse a outra canica del gua) e Gua (a canica debe entrar nel gua e decíase: «Chanta e gua!»). Si un xogador completa os seis toques, quédase coa canica del compañeiro.

Varela Aenlle recolle tamén el nome de bolicha.

Consiste en fer rodar por el tarrén un aro grande de ferro axudándose de úa vara de  metal chamada «guía», a cual ten un extremo con forma de gancho coa que se suxeita dito aro.

Tras trazar un recorrido poden ferse carreiras pra ver quén roda máis depresa el aro e tamén quén é capaz de felo rodar durante máis tempo sin que caia el aro.

É un xogo de grupo. A  sorteo escóllese quen ten que  vendarse os ollos col fin de non ver.  Intentará coller a alguén e se lo consigue, deberá adiviar quén é, acariciandolle el  rostro. Se lo adivía, venda os ollos el que foi descuberto. Se non, outra vez el mesmo.

Consiste en realizar úa serie de saltos rítmicos sobre úa goma elástica.

Úsase úa goma elástica unida con un nougo polos extremos. Dúas persoas se poin nos laterales suxietándola coas pernas abertas de modo que quede un espacio nel medio pra saltar. Entós, úa ou varias persoas tein que realizar determinados exercicios al ritmo de certas canciois e palmadas que interpretan os demais participantes. Nel momento en que úa falla el exercicio, perde e pasa a suxeitar a goma.

A goma vaise subindo corpo arriba, aumentando a altura e, así, el grado de dificultade.

Considerado como deporte desde 2020. Consiste esencialmente en darlle cun palo («marro» ou «palán«, dus 50 cm. aproximadamente), a outro máis pequeno («billarda«,dus 15 cm.), pra que salte e chegue lo máis lonxe posible. El lugar de xogo ta composto por dúas porterías en forma de ferradura dun diámetro aproximado de 80 cm. e separadas us 10 pasos.

Esto é lo que nos conta Quique Roxíos nel sou blog:

Meu pai explicoume como se xogaba. A  él gustabálle muito. A estornela ou billarda era  un xogo de nenos, inda que muitas nenas tamén sabían xogar.

Fía falta un pequeno palo de 15 ou  20 cm un pouco afilado nas dúas puntas:  «a Billarda ou Estornela». Outro palo máis llargo, dus 40 ou 50 cm.

Antes de empezar  fíase  úa línea nel tarrén unde se puía a  billarda. Haibía que golpialla núa das puntas fendola saltar por el aire. Mentras taba nel aire había que volver a batella coel palo llanzándola lo máis llonxe que se poda.  Ganaba el que la fía chegar máis  llonxe pero si el contrario  la recollía antias de caller nel tarrén rouballe el turno de tiro.

Un pao de madeira de punta afilada tirábase á terra, na que taba chantado outro chantón. Consistía en sacar este último del lugar onde taba cravado.

El xogo consiste en escodense en lugares lo máis difíciles posible. Úa persoa tapa os ollos, ponse a contar e el resto vei esconderse. Condo chegue a 100, abre os ollos e ponse a buscar. Se encontra a daquén, este perde. E se alguén é capaza de chegar al sito da «queda» sen que el que quede lo colla, vei asta alá e dice: «Por min». E queda liberado.

«Úa, dúas e tres, el esconderite inglés». É lo que diz a persoa que «queda» apoiada núa parede cos ollos tapados e de costas a un grupo de xogadores que se moven sen que os vexa. Cada vez que dice esa frase, mira pra atrás e se ve daquén movéndose, este perde e ponse na «queda». Tamén se chamaba este xogo: A pés quietos. Decindo: «zapatito, quieto es» (así, en castelán é como lo recordamos), a persoa que ta na «queda», dá a volta rapidamente e se ve moverse a algún xogador, pasa a ser este el que se coloque na queda e él empeza a xogar.

Tratábase de saltar úa corda que dúas persoas movían colocadas úa enfrente da outra de forma continuada e rítmica.

Quique Roxíos recórdanos esta canción:

Úa, dole,
tele, catole,
quile, quilete,
taba a reína
nel sou gabinete.
Dixo-lle el rei:
«Vamos prá misa.»
Dixo a reina:
«Non teño camisa.»
Dixo-lle el rei:
«Eu teño tres.»
Dixo a reína:
«Empréstame úa.»
Dixo-lle el rei:
«Non teño ningúa.»

Este é un xogo pra os máis pequenos. Colles a mao del neno-a, ten que deixala morta, e sacudíndola dices: «mao morta, mao morta, vei dar á túa porta» e nese momento dáslle un golpín na súa perna.

Tamén pra os máis pequenos. Colocádesvos un enfrente del outro-a e collidos das maos atanigádesvos pra adiante e pra atrás cantando: texe, texe, texe lin, texe, texe, texe lan, dúas camisas nel batán, dúas pa Pedro, dúas pa Xuan, dúas pra quen lle coce el pan». E repites a canción, movéndovos cada vez máis depresa.

«El pañuelo guante guante, el que lo tenga que se levante»… Así se cantaba, en castellano, mentres úa nena ou un neno corría con un pano na mao alredor dun corro de nenos e nenas todos sentados en círculo. El-a que corría, soltaba el pano detrás de un -úa del corro e se esta non se daba conta e a que corría chegaba asta ela de novo dando a volta enteira al círculo, perdía e saía del corro deixando de xogar. A que corría, seguia correndo asta que un-úa se daba conta e collía el pano. Entós intercambiábanse os postos.

Tía  un éxito innegable entros vecíos de máis edade. Había muitas boleras. Un neno, al que lle daban algún perrón (úa das moedas daquela, a de menos valor), era el que volvía a colocar os bolos. Ás veces pegábalos con algo de bulla.

Varela Aenlle explica así el xogo:

Xogo que consiste en poñer varias pezas de madeira (bólos) sobre unha lousa e trazar varios espazos separados por raias. Normalmente é un conxunto de nove que se poñen facendo un círculo a uns cinco metros do tiro. Cada xogador debe tirar o maior número deles cunha bóla. O xogo comeza lanzándose unha moeda ao aire a cara ou cruz, sendo o máis corrente o xogo a trinta puntos. No Eo-Navia constátase este xogo nos concellos de Navia, Coaña, El Franco, Boal, Eilao, Tapia de Casarego, Ibias, Villaión, Allande e Taramundi.

E os bólos son así: Peza de madeira, normalmente de érbedo, con forma de tronco de pirámide, aparecendo máis tarde outras formas como as que teñen cabeza redondeada. A base oscila entre vinte e oito e trinta milímetros e a súa altura é duns cento oitenta centímetros. Para que durasen máis cocíanse nunha caldeira con auga fervendo. A cifra deles no xogo varía entre un número de corenta e oito e cincuenta.

Aquí un vídeo sobre este xogo.

Consistía en amontuarse us derriba dos outros. El burro se puía dobrado e enriba das súas costas se iban colocando el resto dos participantes nel xogo asta que caían al tarrén.

Había que coller a un-úa e se lo tocabas… pasábaslle el cheiro. E él tía que pasarllo a outro-a despós. Naide quería quedar coel cheiro…

Había dous tipos: as pedras de 5 e as pedras de 10. El de 5, xogábase con 5 pedras (claro!) e tirábanse todas á vez e íbase collendo úa a úa con outra na mao que se tiraba al alto antes de coller a que taba nel tarrén. El de 10 tirábanse todas e íbanse collendo primeiro de úa en úa, despós de dúas en dúas e así asta rematar collendo as 10 de úa sola vez, tirando al alto sempre úa pedra. Al rematar, con todas na mao, tirábanse al alto e dábase a volta á mao, quedando na parte de enriba da palma da mao as pedras que podías. E esas eran as que ganabas. E volta a comenzar coas que che quedaron sen rescatar…

Era similar á billarda, pero puendo dúas pedras pra erguer máis facilmente a billarda.

Eran de madeira de boxe e tían un «quino» (úa punta) que fían os ferreiros da zona. En Navia reciben el nome de pionzos os piois pequenos.

Varela Aenlle explica cómo se xoga:

Xoguete de madeira que se fai bailar cun cordel, tendo forma cónica e redonda, que leva unha punta de ferro no extremo sobre a que baila máis ou menos tempo. Para xogar con el facíase un círculo no chan de metro e medio de diámetro, máis ou menos, e xogaban dous nenos; un deles lanzaba o pión dentro do círculo, logo lanzábao o outro, procurando, ao tiralo, sacar co seu do círculo o do contrario,
que estaba rodando. Se non o facía, o outro neno debía coller o seu pión por debaixo da ferra coa palma da man e lanzalo rodando sobre o do seu compañeiro para intentar sacalo do círculo, se non o conseguía, intentábao o outro e así até que un dos dous lograse quitar o do contrario e se o pión non
paraba de rodar, perdía.

Os zancos​ son largos paos ou postes de madeira que se utilizan pra permitir que úa persoa se sosteña sobre elos a úa certa altura del tarrén coa idea de que a persoa teña tamén mobilidade, e poda despazarse.

Varela Aenlle define así as anducas: Zancos pequenos que facían os nenos con botes e cordeis ou madeira, con apoios a unha altura de medio metro para poder poñer os pés e andar con eles sen caer.

Xogo de nenos que consiste en coller entre dous a outro polas mans e os pés, abalándoo e dicindo:

“alingó-lingole, enterremos a este probe, este probe nun ten (ou non vale) nada, enterrémoslo nuha furada (ou na corrada)”

ou

“alingole, alingole, al enterro da raposa, que morreu por ser golosa”,

ou

“alingore, gore, enterremos este probe, xa que nun ten nada, enterrémoslo na corrada”

ou

“ingori, ingori, enterremos a este probe. Este probe nun ten nada, vaia, vaia prá furada”.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.