Un conto pral 25N: ROSA CARAMELO

#diacontraaviolenciadexénero #25NContraAViolenciaMachista

Os libros son úa ferramenta poderosa á hora de enseñar valores. Por eso é fundamental elexir contos que, por un lado, fomenten a coeducación e a igualdade de xénero, así como a empatía e a solidariedade; e, por outro lado, tamén axuden a desfer estereotipos que muitas veces se perpetúan desde a infancia. A lectura axuda aos nenos e nenas a construir imaxinarios que rompan cos roles de xénero tradicionales.

De que vei el Conto Rosa caramelo? Editado por Kalandraka en galego, conta a historia de Margarida, úa elefantía que non se volve rosa -como as demais- e que inspira a outras elefantas a vivir libremente. Núa sociedade patriarcal, onde os elefantes gozan de todos os deretos e as elefantas de ningún, Margarida darase conta que, a pesar de querer ser como todas, ela é a nota discordante causando gran decepción al sou padre e á súa madre e experimentando un gran sentimento de culpa.

El Conto transmite el valor e a igualdade entre homes e mulleres. Fala da «importancia» del «aspecto» femenino e da libertade existente nel mundo masculino e invita a reflexionar sobre el aceptar e valorar as diferencias individuales, en lugar de xuzgar ou discriminar a quen non encaxe nos estándares establecidos.

Aquí podes lelo:

Había úa vez nel país dos elefantes… úa manda na que as elefantas eran suaves como el veludo, tiñan os ollos grandes e brillantes, e a pel de cor rosa caramelo. Todo isto debíase a que, desde o mesmo día do seu nacemento, as elefantas só comían anémonas e peonias. E non era que lles gustasen estas flores: as anémonas -e aínda peor as peonias- teñen un sabor malísimo.

Pero iso si, dan unha pel suave e rosada e uns ollos grandes e brillantes. As anémonas e as peonias medraban nun jardinciño valado. As elefantiñas vivían alí e pasaban o día xogando entre elas e comendo flores.

Pequeniñas”, dicían os seus papás, “tedes que comer todas as peonias e non deixar nin úa soa anémona, ou non seredes tan suaves como as vosas mamás, nin teredes os ollos grandes e brillantes, e, cando sexades maiores, ningún guapo elefante quererá casar convosco”.

Para volverse máis rosas, as elefantiñas levaban zapatiños cor de rosa, colos cor de rosa e grandes lazos cor de rosa na punta do rabo.

Desde o seu xardinciño valado, as elefantiñas vían que os seus irmáns e os seus curmáns, todos dun fermoso cor gris elefante, xogaban pola sabana, comían herba verde, duchábanse no río, revolcábanse na lama e facían a sesta debaixo das árbores. Só Margarida, entre todas as pequenas elefantas, non se volvía nin un pouquiño rosa, por máis anémonas e peonias que comese. Isto poñía moi triste a súa mamá elefanta e facía enfadar a papá elefante. “Vexamos Margarida”, dicíanlle, “Por que segues con ese horrible cor gris que senta tan mal a unha elefantiña? É que non te esforzas? É que es unha nena rebelde? ¡coidado, Margarida, porque se segues así non chegarás a ser nunca unha fermosa elefanta!” E Margarida, cada vez máis gris, mordisqueaba unhas cantas anémonas e unhas poucas peonias para que o seu papá e a súa mamá estivesen contentos.

Pero pasou o tiempo, e Margarida non se volveu de cor de rosa. O seu pai e a súa nai perderon pouco a pouco a esperanza de vela convertida nunha elefanta guapa e suave, de ollos grandes e brillantes. E decidiron deixala en paz.

E un bo día, Margarida, feliz, saíu do xardinciño valado. Quitou os zapatiños, o colo e o lazo cor de rosa e foi xogar sobre a herba alta, entre as árbores de froitos exquisitos e nos charcos de lama. As outras elefantiñas mirábana desde o seu xardín. O primeiro día, aterradas. O segundo día, con desaprobación. O terceiro día, abraiadas. E o cuarto día, mortas de envexa. Al quinto día, as elefantiñas máis valentes comezaron a saír unha tras outra do valado. E os zapatiños, os colos e os bonitos lazos rosas quedaron entre as peonias e as anémonas. Despois de ter xogado na herba, de ter probado os riquísimos froitos e de ter comido á sombra das grandes árbores, nin unha soa elefantiña quixo volver nunca xamais a levar zapatiños, nin a comer peonias ou anémonas, nin a vivir dentro dun xardín valado.

E desde aquel entón, é moi difícil saber -vendo xogar os pequenos elefantes da manda-, cales son elefantes e cales son elefantas. Parécense tanto !!

CADA DÍA, NEL MUNDO, MORREN 137 MULLERES ASESINADAS POR VIOLENCIA MACHISTA.

Ata 42 mulleres foron asesinadas en España no que vei de ano (4-12-25).

En España póñense 23 denuncias por violencia machista cada hora.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.