A inmersión na lingua galega oficial é “coser e cantar” prás persoas eonaviegas.
Saber galego abre tamén outra porta: a da lusofonía.
Prás persoas del Eo-Navia estudiar a lingua galega normativa e presentarse al exame pra obter el certificado CELGA (coel que poderán optar á oferta laboral da Comunidade vecía) é un «paseo»:
- Porque nel noso territorio usamos úa variedade dialectal da lingua galega, concretamente a que se conoce en Dialectoloxía como pertencente al Bloque oriental, área asturiana (que comprende 18 concellos de Asturias e el Concello de Negueira de Muñiz en Lugo). El galego ta presente en toda a nosa toponimia, pero tamén nos nomes das plantas e das árbores, nos refrais, nas frases feitas, nas adivías, nas historias, lendas e contos… e por suposto, nel día a día (del total das persoas que falan el galego de Asturias, dous de cada tres habitantes maiores de 16 anos –63,1%– téñena como primeira lingua, ben en solitario –46,3%-, ben xunto co castelán –16,8%-).
- Porque precisamente por eso, fales ou non fales el galego de Asturias, seguro que teis interiorizadas as normas e a lingua propia del noso territorio e dar el salto al uso del galego normativo é mui fácil e rápido. Esa porta non la podes -nin debes- pechar porque tarás perdendo muitas oportunidades de todo tipo, non solo as laborales senón tamén el acceso a úa interesante cultura e a participar nela presentándote a concursos literarios ou colaborando noutras actividades. A inmersión na lingua galega oficial é “coser e cantar” prás persoas del Eo-Navia, como prás bercianas. prás das Portelas de Zamora, ou as da Seabra, prás de Porto, Lubián e Hermisende…
- Porque saber galego abre tamén a porta da lusofonía: Brasil, Portugal, Mozambique, Cabo Verde, Guinea Bisau, São Tomé e Príncipe, Timor Leste, Angola ou rexións como Macau (China) ou Goa (India) usan el portugués como lingua vehicular. Os camíos diverxentes del galego e del portugués, a partir da Idade Media, non impiden que reconozamos úa estreta afinidade entre ambas as linguas. A orixe común das dúas e o alto grao de intercomprensión entre os sous falantes permite considerar que el galego forma parte da lusofonía, lo que lo converte nun idioma de grande utilidade para a comunicación coa ampla área lingüística galego-portuguesa, conformada por alredor de douscentos millois de persoas en cinco continentes.

Países lusófonos
Se planeas traballar en Galicia, a certificación CELGA é clave. Este certificado acredita el tou nivel de galego e é valorado tanto nel mundo académico como nel profesional.

Beneficios de obter el CELGA:
1. Pra acceder a un emprego público:
Pra traballar na administración pública en Galicia, el nivel de CELGA que necesitas varía según a oposición á que te presentes:
- CELGA 2: Pídese pra postos nalgúas categorías de servicios xenerales e certificados de profesionalidade.
- CELGA 3: Pra postos de auxiliar administrativo ou nalgúas categorías de servicios xenerales.
- CELGA 4: Obrigatorio en oposiciois pra administrativos, auxiliares administrativos en organismos máis esixentes, e pra aquelos que traballan de cara al público; tamén pra postos docentes (mestres-as de primaria, profesores-as de secundaria, etc.).
2. Pra ter os requisitos que pide el sector privado:
Muitas empresas, especialmente aquelas que tein contacto directo coel público ou traballan en medios de comunicación, valoran que os sous empregados teñan conocimentos de galego. El nivel requerido pode variar según el posto, pero CELGA 3 ou 4 é comunmente solicitado en áreas como atención al cliente, administración e servicios.
3. Pra conseguir oportunidades nel ámbito académico:
El CELGA 4 sole ser necesario pra acceder a becas de estudios universitarios ou programas de mobilidade internacional en Galicia.
Nas 3 Universidades galegas (e nos sous 7 campus correspondentes), nas clases úsase tanto castelán coma galego; apenas hai docencia en inglés. El uso del galego na docencia varía muito dus centros a outros: nalgús pode chegar a máis del 80%, como en Ciencias da Información e noutros non chegar al 5%, como Medicina (datos da USC de 2025). Nel Campus de Lugo, en 2025, el 39,3% das clases impártense en galego, situando este campus á cabeza da Normalización lingüística dentro da universidade. Os Estatutos da UDC, nel artigo 4 din «A lingua propia da Universidade da Coruña é o galego, que será o seu vehículo normal de expresión. Para a súa normalización, promocionarase o seu uso na docencia, na investigación, na transferencia e no intercambio do coñecemento e fomentarase o seu uso en todas as súas actividades.» Na UVigo, «a asistencia a clase de alumnado proveniente de fóra do dominio lingüístico galego non comportará alteracións de uso do galego na docencia. A Universidade informará previamente a este estudantado do uso do galego na docencia, como tamén da convocatoria de cursos específicos para este colectivo».
A lexislación establece que el alumnado e el profesorado tein dereto a utilizaren cualquera das dúas linguas oficiales (castelán ou galego). Así, é posible que teñas profesores que impartan as súas clases en galego, e a súa escolla debe ser respectada. (no sitio web das Universidades publícanse antes del período de matrícula a lingua ou linguas que cada docente utilizará en cada materia, permitindo así al estudiantado conocer por adiantado el idioma da docencia). Por eso é conveniente que te afagas al galego, non solo porque existe a posibilidade de que recibas clases nesa lingua, senón porque é a lingua habitual de muitas outras instituciois, de medios de comunicación (existen úa televisión e úa radio públicas que emiten solo en galego, e outros medios emprégano en maior ou menor medida), e sobre todo, porque é a lingua que falarán muitos dos teus novos amigos/as, compañeiros/as, coñecidos/as cos que te relacionarás.
- Pra mellorar as túas competencias lingüísticas:
- CELGA 1: Ideal pra empezar. Aprenderás lo básico, cómo presentarte ou pedir información.
- CELGA 2: Controlarás conversaciois diarias e comprenderás textos sencillos.
- CELGA 3: Mellorarás en escribir e falar con fluidez sobre temas máis complexos.
- CELGA 4: Poderás escribir textos formales e debatir con máis profundidade.
Obter a certificación CELGA é úa inversión clave pra el tou futuro en Galicia. Non solo che abrirá portas nel ámbito laboral e académico, senón que tamén mellorará as túas habilidades lingüísticas e che permitirá integrarte plenamente.
Anímate a conseguir el tou título CELGA e aproveita todas as oportunidades que che ofrece!
8 cousas que tes que saber antes de fer el examen CELGA – EscolActiva
Aquí tes toda a información sobre el CELGA nel Portal da Lingua Galega.
Recorda: todas as linguas son iguales en valor e dignidade e deben ser vistas como un elemento de concordia e pluralidade.

Recomendaciois de Curruncho galego en INSTAGRAM
Buscador Emprego en Galicia

