Nel dicionario de Varela Aenlle:
Fornada. Conxunto de alimentos (pan, empanada etc.) que caben nun forno para cocer dunha soa vez, despois que fosen moídos e amasados (Moler a fornada, amasar a fornada, enfornar a fornada). 2. Por extensión, comida (Que se non nun tein fornada). 3. Conxunto de cousas feitas á vez. 4. Gran cantidade de mocos (Tapia de Casarego).
Nel dicionario da RAG:
Fornada. 1. Conxunto de pezas que se cocen nun forno dunha soa vez. Houbo que facer dúas fornadas de pan. SINÓNIMOS cocedoiro, cocedura. Romperon varias olas da fornada de hoxe. 2. figurado. Conxunto de persoas que chegan xuntas a un mesmo lugar ou a un mesmo cargo.Unha nova fornada de xornalistas. SINÓNIMO promoción. 3.figurado. Conxunto de cousas feitas dunha soa vez. Esta fornada de casas foi deseñada por un arquitecto holandés.
Nel dicionario de Estraviz:
(1) Conjunto de pães que o forno coze de uma vez. Cozedalha, cozedura. (2) fig. Porção de cousas que se fazem de uma só vez. (3) fig. Conjunto de pessoas nomeadas ao mesmo tempo para determinados cargos: com a presente crise política, teremos uma nova fornada de burocratas.

Frases feitas, refrais:
A fornada del mezquín, vai dúas veces al molín.
Faltar úa fornada (non ser moi listo).
Alredor da camada, busca a fornada. Refrán que indica que el cereal, especialmente el trigo, que queda dereto preto del que cae é el de millor calidade.
Localismos relacionados coa palabra fornada que recolle VA nel sou dicionario:
asestar. v. Determinar as cantidades de fariña, auga e levadura que intervirán na cocción dunha fornada de pan (Eilao).
atorolado, -a. adx. Dise do gran ou da fornada que saen moi gordos cando se moen (Santalla de Ozcos).
ORACIOIS:
Lis Quibén -médico e etnógrafo- reúne úa longa listaxe de ensalmos -us pronunciados despós de amasar, pra favorecer que levede a masa, e outros destinados a conseguir úa boa cocción del pan, tanto galegos como portugueses, catalás, salmantinos, bercianos, de Italia… E al etnógrafo Jesús Suárez López debémoslle a compilación de oraciois relacionadas coel pan recompiladas en Asturias, como estas:
A San Justo, que de pouco saque muito.
San Vicente te acrecente, San Pantaleón lo saque bon.


