Palabra de novembre: PENEIRAR

Nel Dicionario de Varela Aenlle:

peneirar. v. Separar o cereal do farelo cunha peneira; cribar. 2. Mover con violencia unha cousa ou unha persoa. 3. Mover as ás de xeito axitado o peneireiro ou outra ave. 4. Criticar con desvergonza. 5. Abalar un neno no berce ou no colo para que durma.

peneira. s. f. Utensilio como o cribo, pero cun fondo de tea metálica máis fino. 2. Mecanismo dos muíños máis modernos que separa a fariña do farelo. 3. Molusco gasterópodo prosobranquio, con cuncha plana e ancha e só lixeiramente espiralada na súa parte superior. A cara interna é moi nacarada e no bordo externo ten unha serie de orificios. A súa coloración exterior é vermella, parda ou verdeal (Haliotis tuberculata), (Tapia de Casarego). // Ser raro como unha (uha) peneira. Ser moi raro.

peneirado, -a. adx. Cribado. 2. Sacudido. 3. s. m. Acción de peneirar.

Nel dicionario da RAG:

Pasar pola peneira.Peneirar a fariña. SINÓNIMOS barutarbortelarxirgar. CONFRÓNTESE cribaresfarelar. Os albaneis peneiran a area para facer a masa. 2figuradoLimpar de impurezas ou defectos [unha cousa non material].O traballo non está mal, pero aínda ten moito que peneirar.SINÓNIMOS cribardepurarperfeccionar. verbo pronominal 3Mover acentuadamente os ombreiros e as cadeiras ao camiñar.Mira como se peneira.

Refrais e ditos:

Pasando el engavelado vénche lougo el peneirado (Refrán agrícola).

E canciois:

Arrabiache pola peneira,

arrabiache por peneirar,

arrabiache por ter amores,

arrabiache por te casar…

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.