Nel dicionario del galego de Asturias de Varela Aenlle:
Alimento feito con leite e fariña de millo ou trigo, cocido con auga e sal. // Comerlle as papas a alguén na cabeza. Ser máis alto que a outra persoa (Boal). // Nun ter papas na boca. Dicilo todo, falar moito. 2. Expresarse ben. // Papa de arroz. Arroz con leite. // Papa de meiz. Papa feita con millo, podendo ser torrada ou sen torrar. // Papa de trigo. Papa feita con fariña branca e leite. // Papa lenta (llenta). Feita con fariña de millo sen torrar. // Papa torrada. Feita con fariña de millo torrado. // Ser un probe chen de papas. Ser altivo, soberbio.
Papasello. s. m. Papa feita co caldo do cocido; paparello.
Paparellos. s. m. pl. Papas de fariña de millo feitas en caldo de verduras. 2. Papas mal feitas (San Martín de Ozcos).
Nel Dicionario da RAG:
substantivo feminino plural. Alimento que se obtén cocendo fariña, sobre todo de millo, en auga ou leite.Tiña o costume de almorzar con papas. SINÓNIMO polenta
FRASES E EXPRESIÓNS:
Comerlle (a alguén) as papas na cabeza. Ser máis alto ca alguén. É mais novo ca o irmán, pero xa lle come as papas na cabeza.
Non ter papas na boca. Falar claramente e sen rodeos.Sempre di o que pensa, non ten papas na boca. SINÓNIMOS non ter a lingua trabada, non ter lixos na lingua, non ter pelos na lingua.
Pedir papas. Darse por vencido, nun xogo ou competición.Pides papas ou seguimos xogando?
TIPOS DE PAPAS (nel dicionario da RAG):
Papas de arroz. Doce elaborado con arroz cocido en leite azucrado e aromatizado con rela de limón ou de laranxa e canela. A súa nai sempre lle preparaba papas de arroz e castañas cocidas. SINÓNIMO arroz con leite.
Papas trigas. Papas elaboradas con fariña de trigo. Peneirou a fariña para facer unhas papas trigas.

QUES FER PAPAS DE MEIZ?
Núa pota puemos 400 ml de auga a ferver con sal (ou si tamos fendo caldo, podemos utilizar esa auga básica). Mentras esperamos a que ferva, diluimos 100 g de faría de meiz en 100 ml de auga fría e mesturamos ben. Úa vez que el auga da pota ferva, amecemos a faría disolta en auga e revolvemos de novo.
Cocémoslas durante úa media hora removendo con frecuencia para que non se peguen. Amecemos un pouco de leite mentras se cocen (inda que esto é algo opcional, dálle un gusto especial).
Úa vez tán listas apartámoslas del lume e servímoslas en tazas pra que formen esa rica costra que tan ben sabe.
Comémoslas solas ou amecemos leite e azucre -ou solo leite- (un poco al gusto de cada un).

