«Militancia poética» nel Río Navia

Onte, 27 de agosto, 28 persoas salimos polo río Navia nel trimarán que, desde hai un par de anos, realiza esta actividade polo embalse de Doiras. Nun traxecto de úa hora e media, vei e volve del pantalán de Doiras á ponte colgante de Eilao.

Cun dia precioso, soleado e alegre, el barco partiu entre risas, charlas e saludos. Persoas de Arancedo, Boal, Bullaso, Doiras, Eilao, del Llombatín, Ribadeo, Rinlo, Roxíos, Serandías, del Villar de Bullaso, de Xixón… embarcamos.

Durante el percorrido, ademais del audio que el barco ten incorporado, gravado por Laura Pérez -a capitana-, Quique Roxíos leu algún dos textos da nosa lingua, da nosa cultura, comentou cousas da historia del territorio…

El barco pasa por delantre dun lugar histórico pral idioma que falamos: a aldea de Xío, lugar unde el Convento medieval de Santa María de Vilanova de Oscos tuvo un Priorato nel que se firmou no ano 1169 (S. XII) a primeira compraventa de terras da abadía. Ese documento forma parte de úa das Colecciois Diplomáticas máis importantes de Asturias e del idioma galegoportugués, deixando acreditado aquel galego medieval como el precedente del galego/gallego que actualmente é propio da zona. Nel documento, María Viçentez de Zadamoño vende al abade Guillermo as propiedades que ten en Çedamona por un boi e cen soldos, apercibindo que «recibirá a maldición divina e con Xudas se queimará nel inferno» quen vaia contra esa donación.

Todo esto foi acompañado pola gastronomía porque -condo tabamos río adiante- nos sorprenderon cun riquísimo biscoito feito por Clarita del Llombatín.

Fixemos el traxecto acompañados tamén pola música porque Luis de Patas tocou varias pezas coa súa gaita.

Al atracar collimos os coches de novo e subimos desde El Llombatín al Camín dos volos pra colocar úas tablías poéticas dentro de úa actividade organizada por Axuntar consistente en colocar versos de «Militancia poética» escritos por diversos autores e autoras eonaviegas. Se queredes saber máis, podedes ver esta entrada na nosa web.

Así quedaron colocados os versos da nosa actividade de «Militancia poética» nel precioso Camín dos volos:

Ás 14,30 h. fixemos a seguinte parada nel área de Folgueirou, onde xantamos de marabilla.

El remate foi con úa visita a Eilao e tamén con úa parada en Roxíos

Asta a próxima!!!

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.