Coa colaboración da Universidade de Oviedo/Uviéu, Axuntar celebra el venres 12 de decembro, na Facultad de Filosofía y Letras: Campus del Milán. C/ Francisco Rodríguez García, s/n 33011 Oviedo/ Uviéu as II Xornadas da lingua e cultura galega de Asturias. El acto comezará ás 9,30 h. A ENTRADA É LIBRE.
II Xornadas da lingua e cultura galega de Asturias:
Saber e Compartir
Enamórate a riqueza lingüística de Asturias? Queres afondar nel galego de Asturias? Convidámoste a úas xornadas imprescindibles pra aprender, debater e enriquecer EL tou conocemento!
Por que non podes faltar?
Estas xornadas son úa oportunidade única pra:
• Aprender con Rigor Científico: Exploraremos a realidade, historia e Sociolingüística del galego de Asturias baseándonos nas investigaciois científicas máis sólidas e comunmente admitidas pola comunidade académica. Daremos luz sobre a lingua con certezas científicas!
• Abrir un espazo de debate: Será un foro activo onde poderás debater ideas, expoñer a túa visión e escoitar diferentes perspectivas, contribuíndo al enriquecemento mutuo, sobre os fundamentos del futuro da lingua.
• Conectar con expertos e apaixonados: Relaciónate con especialistas, investigadores e outras persoas interesadas na diversidade lingüística da Asturias galegofalante.
• Valorar a identidade: Contribúe á posta en valor deste patrimonio lingüístico fundamental que fai de Asturias un territorio diverso e aberto á galegofonía ou lusofonía.
Cremos que será un día importante pral galego de Asturias con ponentes que falarán de historia, Sociolingüística, lingüística, normas e dicionario, del territorio galego-falante, e tamén de sentimentos construtivos que rompen dinámicas de desánimo.
Non ta todo perdido, simplemente hai muito por fer.
Recordámosvos el programa completo:


Esperámosvos!
