El periodista Xabier Fortes López e el profesor Antonio José Meilán, Premios Folgueira 2025

PREMIOS FOLGUEIRA 2025

A Xunta Directiva de Axuntarasociación prá normalización del galego de Asturias, otorga os Premios Folgueira 2025, cos que, úa vez al ano, se distinguen persoas, instituciois ou iniciativas polo sou traballo na dignificación da nosa lingua.

Este ano os Premios Folgueira foron concedidos por unanimidade al periodista Xabier Fortes López e al Profesor Antonio José Meilán García. Serán entregados en Uviéu el 14 de novembre de 2025, nun acto que terá lugar ás 18:00 horas nel Club de Prensa de La Nueva España.

El Premio Folgueira 2025 é pra Xabier Fortes, periodista e presentador de TVE, actualmente director e presentador del programa La noche en 24 horas. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, Fortes ten úa extensa experiencia que inclúe a dirección de 12 documentales -de temática deportiva, político-social e cultural- e colaboraciois en prensa escrita.

Axuntar valora especialmente as manifestaciois que ten feito nel ámbito periodístico dando mostras del sou especial aprecio polo galego de Asturias.

El Premio Folgueira de Honor 2025 é pral profesor Antonio José Meilán, doctor en Filología Románica -Subsección Español-, catedrático e Profesor Emérito Honorífico da Universidade de Uviéu. Premio Extraordinario de Licenciatura cun traballo sobre «El arcaísmo y conservadurismo lingüístico en el Concejo de Castropol» (1979-1980), el profesor Meilán foi director de Britonia, Revista de Estudios da Terra Navia-Eo e autor de relevantes investigaciois dialectolóxicas sobre a variante del galego del Eo-Navia; participou en varios congresos de divulgación e é coautor das primeiras Normas Ortográficas e Morfolóxicas del galego de Asturias, editadas pola Mesa prá defensa del galego de Asturias (MDGA) en 1990 coel apoio das Consellerías de Cultura da Xunta de Galicia e del Principado de Asturias.

A entrega dos galardois terá lugar el 14 de novembre de 2025, ás 18:00 horas, na sede del Club de Prensa Asturiana del diario de La Nueva España, en Uviéu, nun acto de carácter cultural nel que se obsequiará ás persoas asistentes coel III Informe sobre a lingua del Eo-Navia editado por Axuntar. El acto contará coa participación dos Doutores Xabier Barcia e Natalia Jardón, el filólogo Santiago Somoza e Moisés Cima, presidente de Axuntar.

Os galardois  consisten núas folgueiras de cerámica, representadas núas esculturas del ceramista castropolense Javier Cancio.

El Premio Folgueira 2023 foi concedido al artista multidisciplinar, cantante, compositor e Premio Nacional de Músicas Actuales 2023, Rodrigo Cuevas, en reconocemento del sou labor en pro da nosa lingua; pola importancia del arte como elemento transformador e democratizador; e pola súa valentía, al non guardar silencio ante el negacionismo, por parte das administraciois públicas asturianas sobre a adscrición del galego de Asturias al tronco galego-portugués.

Nel ano 2023 nombrouse Socio de Honor a Benigno Fernández Braña, en reconocemento pola súa importancia histórica na dignificación del idioma galego de Asturias e como presidente da primeira asociación de reivindicación lingüística del galego en Asturias (a Mesa prá Defensa del Galego de Asturias, MDGA)

El premio Folgueira 2024 foi otorgado al Doutor en Filoloxía Galega, Licenciado en Xeografía e Historia, investigador, representante del Eo-Navia na Real Academia Galega e autor e artífice del primeiro Dicionario del galego de Asturias, Carlos Xesús Varela Aenlle. Tamén se concedeu úa Folgueira de Honor en 2024 al doutor Xoán Babarro González, polos sous traballos na delimitación, caracteriación e situación Sociolingüística del galego de Asturias e por ser un dos autores das primeiras Normas ortográficas del galego de Asturias.

Mentras que as Folgueiras honoríficas premian aos pioneiros, aos que fixeron cousas condo casi naide fía nin sabía, el Premio Folgueira distingue a daquén que é relevante nestos tempos actuales pra revertir el abandono das linguas minorizadas propias del Estado, e a quen axuda na dignificación idiomática del galego que se fala en Asturias.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.