
Por QuIQUE ROXÍOS
Galego na UniOvi, xa vei sendo hora
El pasado 12 de decembre celebráronse na Facultade de Filoloxía da UniOvi as II Xornadas da lingua e da cultura galega de Asturias. Foi un día dedicado á terra Eo Navia! El acto foi úa homenaxe a Dámaso Alonso, el erudito, poeta, lingüista e investigador con reices familiares nos Ozcos, Ribadeo e Castropol, autor de transcendentes traballos na dignificación del galego de Asturias.
As Xornadas tamén conmemoraron el 35 aniversario da publicación, levada a cabo pola histórica MDGA -Mesa prá Defensa del Galego de Asturias-, das Normas ortográficas e morfolóxicas del galego de Asturias e de todos os traballos que se fixeron nos anos 90 como resposta á manifesta falta de tutela deste idioma propio de Asturias da que fixeron gala naquel tempo as autoridades político-lingüísticas del Principado.
A Doutora Natalia Jardón Pérez e el Doutor Xabier Barcia López (organizadores das xornadas), xunto aos estudiosos Francisco Fernández Rei e Antón X. Meilán García, explicaron os traballos de carácter académico que se fixeron hai máis de 30 anos da mao da MDGA: delimitación del territorio galegofalante de Asturias; proposta e publicación de normas ortográficas; elaboración dúa campaña de normalización (carteles, pegatinas, eslogans); publicación da primeira revista periódica íntegramente en galego (A freita, acompañada del suplemento literario, O Espello) e da revista científica Britonia; edición de obras literarias, etc… El Doutor Varela Aenlle (autor del Dicionario do galego de Asturias) participou cúa ponencia sobre a recuperación de léxico inédito recollido polo profesor D. Alonso e sobre a ausencia de libros en galego nas bibliotecas del Eo-Navia e de toda Asturias.
Tamén se recordaron as políticas erradas desenvolvidas polas autoridades asturianas e a inxerencia da Academia de la Llingua Asturiana nel ámbito doutra lingua que non lle compete (el “noso” galego). Ditas políticas transculturizadoras siguen desenvolvéndose tal e como desenmazcara el “Estudio sociolingüístico del galego de Asturias” presentado polos expertos Alberte Facal Malvar e Xosé Henrique Costas e que deixa en evidencia as manipulaciois da ALLA empeñada en xustificar el ocultamento da filiación galega del idioma coa imposición -como Glotónimo- del xentilicio eonaviego.
As II Xornadas da lingua e da cultura galega de Asturias destacan pola presencia de voces novas: M. Carmen Parafita Couto participou con úa ponencia sobre a reflexión e as distintas visiois del multilingüismo, unde a convivência de idiomas distintos é úa realidá que luita contra as imposiciois das línguas dominantes; a profesora Noelia Bueno Gómez (U. Ovieu) trouxo a debate un traballo de campo feito nel territorio fronteirizo entre Asturias e Galícia, na RAIA entre A Fonsagrada, Grandas e Ibias, coel Romance al Comandante Moreno como referencia principal e con investigaciois que acreditan a transcendencia da tradición oral como reivindicación da historia non contada del campesinado, a denuncia da deshumanización da que son víctimas os habitantes das aldeas e a posta en valor da capacidade del mundo rural pra crear cultura e pra expresar certa reveldía ou defender a xusticia frente á inxusticia dun xeito que al mundo urbano lle costa entender; nel acto, el veigueño Pablo Trabadelo Vilabrille abordou os problemas del pensamento diglósico que impiden aos interesados reconocerse como falantes del idioma gallego e que los leva a verse atrapados nun negacionismo de exclusión. Esto, segundo Trabadelo, explicaría el motivo polo cual muitos falantes decimos/dicen que non falamos/an galego. Intenta así el filólogo veigueño dar resposta ás contradiciois del pensamento diglósico que leva asta el punto de que existan lo que él chama “palabras prohibidas” (palabras del idioma galego socialmente proscritas).
Nas Xornadas tamén participaron el catedrático de Dereito Constitucional, el tamén veigueño Miguel Presno Linera, que espoxo el estatus xurídico e as posibilidades legales de normalización del idioma; el membro del RIDEA, José Antonio Álvarez Castrillón, que deu noticia sobre asuntos históricos del territorio; e tamén se explicaron as experiencias de normalización, recoñecemento legal e enseñanza del galego nel Bierzo ou Ponferrada, ponencias levadas a cabo por Marisa Cela López e Xabier Lago Mestre.
Foron úas xornadas unde os participantes nos sentimos na Universidade de Oviedo/Uvieo como na NOSA CASA e podemos disfrutar, por segunda vez na historia, de un evento académico en galego, un dos idiomas propios de Asturias. Un día realmente emocionante e un paso máis nun obxectivo lóxico: que el galego poda estudarse en todas as instituciois educativas asturianas e que se aprobe un regulamento nel ámbito universitario sobre el sou uso que permita a presentación de escritos, comunicaciois, solicitudes e traballos redactados en lingua galega.

Enrique González Alvarez 1,2
1 Poeta en galego de Asturias coel pseudónimo de Quique Roxíos
2 É Membro da executiva de Asociación Axuntar e Licenciado en Dereito.
