Begoña Caamaño ou el pracer del azul

Decisión tomada el 20/06/2025: este ano que vén, 2026, as Letras Galegas homenaxearán el 23 de maio a Begoña Caamaño. Ana Romaní, Marilar Aleixandre, María López Sández, Margarita Ledo Andión, Chus Pato e Francisco Fernández Rei foron as académicas e académico que optaron por el sou nome. 

«As letras galegas 2026 serán unha festa asomada á contemporaneidade, á pulsión do presente e á ollada feminista que vertebrou o seu pensamento, o seu traballo intelectual e a súa biografía».

«… implícase na defensa dos dereitos humanos, o pacifismo, a solidariedade, a dignidade, a liberdade, con sólidas conviccións  mobilízase na crítica da inxustiza social, as opresións, o poder o os seus abusos, as desigualdades e os privilexios”.

Debido á súa repentina morte, solo escribiu dúas obras narrativas (Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul) e deixou inconclusas dúas obras: úa terceira novela con outra muller como protagonista, Sherezade, e úa novela sobre a vida da súa bisavola. Morgana en Esmelle xira alredor del ciclo artúrico e Circe ou o pracer do azul achéganos aos mitos clásicos (Homero e el sou Ulises) desde úa perspectiva feminista. Úa recomendación: lédelos antes de que chegue el día das Letras Galegas porque seguro que aparecerán artigos mui interesantes. E ademais disfrutaredes!

Contos libros máis nos tería regalado Begoña Caamaño!! 🙁

Deixemos que señan as súas palabras as que conten o que ela quixo transmitir:

«Defendo a disidencia e a transgresión. Das famosas ‘virtudes teologais’ quedo só coa esperanza. Cambio a fe polo coñecemento, e a comprensión e a caridade pola xustiza e a solidariedade«.  (Begoña Caamaño)

«O meu nome é Morgana.
Morgana de Cornualles. Morgana de Tintaxel. Morgana de Ávalon. Morgana de Camelot.
Morgana, a filla de Garlois. A irmá do rei. A sabia. A druída. A meiga. A fada. A bruxa. A puta.
Chamádeme como queirades. Tanto ten. Son todas e non son ningunha, que en cada unha desas Morganas, e de tantas outras como poidades imaxinar, hai parte da miña esencia, pero eu son máis, moito máis do que a suma ou o seu conxunto.
Eu son Morgana e esta é a miña historia. Contada por min mesma, coa miña voz. A única historia en que me vexo e en que me recoñezo. Por máis que haxa quen lembre doutro modo os feitos«.
(Morgana en Esmelle, 2012).

«Sodes para min máis ca unha amiga, sodes unha promesa de esperanza»
(Penélope, en Circe ou o prazer do azul, 2009: 175)

«Este é un mundo de homes, no que nacer muller é sinónimo de ser portadora de
desgrazas. Súas son as guerras e as vitorias, seu é o poder e súas as palabras».
(2009: 172-73)

«Por primeira vez en moitos anos puiden gozar da contemplación do mar sen temor a que a sombra do barco de Ulises se debuxase no horizonte. Grazas, señora, por me devolver o mar. A vós débovos recuperar o pracer do azul […].Miña amiga, miña confidente, miña guía, foi grazas a vós que me atrevín a nomear aquilo que levaba tantos anos atormentándome. Poñerlle nome, conseguir narralo, permitiume trousar boa parte do veleno que Ulises introducira na miña alma». (2009: 288).

Aquí podedes ler info sobre a autora:

Álbum de Galicia | Consello da Cultura Galega https://share.google/EMWUdY8SeeaWFeE2h 

E aquí un estudio sobre «Sororidade e mito en Circe ou o pracer do azul«, de Mª Teresa Bermúdez Montes.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.