El goberno asturiano acaba de publicar nel BOPA el Decreto 105/2025, de 25 de agosto de primeira modificación del Decreto 63/2018, de 10 de outubro, polo que se establece a ordenación e currículo das enseñanzas de idiomas de réximen especial nel Principado de Asturias e modifica el anterior decreto pra incorporar a enseñanza da “lengua asturiana, y en su caso, del gallego-asturiano o eonaviego a las Escuelas Oficiales de Idiomas del Principado de Asturias que se impartirán de acuerdo con los niveles de competencia que se establezcan reglamentariamente.»
Úa vez máis as medidas que se toman obvian a evidencia dúa Asturias galego falante que queda totalmente á marxe dos procesos normalizadores.
Basta ler el preámbulo pra saber que a norma deixa al noso galego na posición de úa cousa que xa se atenderá nun futuro sine die e que -paso a paso- se vei enterrando el galego de Asturias e transformándolo núa variante irrelevante del asturiano.
Dice el preámbulo: «En el caso del gallego-asturiano o eonaviego se impartirá cuando, en un futuro, se haya completado la normativa que permita disponer de esos niveles de conocimiento».
Por se xa non quedara claro abondo, nese preámbulo ademais incorpórase úa Disposición Adicional cuarta na que el gallego-asturiano queda expresamente en suspenso:

A Disposición Final establece que a Consellería de Educación autorizará a oferta educativa e fixará el ano académico de inicio nas EOI respecto al asturiano. Por contra deixa pendente el galego de Asturias asta que se complete úa normativa de niveles que lo que fairá realmente é xebrar el galego de Asturias del sou grupo lingüístico e certificará el proceso de extinción non solo pola política de feitos consumados, senón tamén mediante a expulsión xurídica del galego en Asturias.
A inexistente protección del galego propicia que se imparta formación por un profesorado sen preparación axeitada (cursíos de capacitación de 15 días), que se divulgue a crenza de que en Asturias non se fala galego e que se lles ofreza aos alumnos e alumnas úa acreditación sen valor ningún.
Tán extinguindo un idioma propio de Asturias por un simple prexuízo: non recoñecer, negar e ocultar que pertenece al dominio lingüístico del idioma galego.

AXUNTAR PROPÓN:
Que os centros educativos del Eo-Navia se podan acoller a un plan de formación prá promoción del galego, como acordaron e vein aplicando nel territorio del Bierzo -desde hai ben anos- as CCAA de Castilla y León e Galicia. El réximen que se aplica nel Bierzo é resultado dun acordo suscrito entre Comunidades Autónomas que ben se podería adoptar aquí pra non marxinar úa vez máis á Asturias galegofalante.
Esta formación debe permitir convalidar os estudios nos centros asturianos polos certificados xa homologados CELGA, que son os que permiten certificar el conocemento que úa persoa ten del galego pra os efectos de xustificar méritos laborales e académicos.
El sistema debe garantir e preservar os aspectos peculiares que son característicos del subestándar ou variante galega de Asturias, asegurando el coñecemento tanto del Estándar normativo como da variante galega de Asturias, incluíndo un cuidado especial del noso léxico e toponimia.

A regulación del Principado busca privar al alumnado asturiano das ventaxas de estudiar galego oficial en escolas, institutos, pero tamén en Escolas Oficiales de Idiomas (EOI).
Inda que nel Eo-Navia non existe ningúa Escola Oficial de Idiomas podería propiciarse a impartición nas de Ribadeo, Luarca, Avilés, Xixón…
Que se fexo en Castilla y León?
Na comunidade de Castela e León –conforme ao que establece o artigo 4.2 do seu estatuto de autonomía, no que se establece a protección para a lingua galega nos lugares nos que habitualmente se utiliza- a materia de galego está incorporada aos plans de estudo de muitos centros de ensino primario e secundario:
CENTROS DE PRIMARIA
- Ponte de Domingos Flórez (León)
- Centro Rural Agrupado Puente de Domingo Flórez
- Ponferrada (León)
- CP Jesús Maestro
- CP Compostilla
- CP Virgen del Carmen
- CP Valentín García Yebra
- Camponaraia (León)
- CP San Ildefonso
- Carucedo (León)
- Centro Rural Agrupado de Carucedo
- Toural de Meraio (León)
- Centro Rural Agrupado Entrecastros
- Vilafranca do Bierzo (León)
- CP San Lorenzo de Brindis
- Corullón (León)
- Centro Rural Agrupado Jimena Muñiz
- Cacabelos (León)
- CP Virgen de la Quinta Angustia
- Toural dos Vados (León)
- CP María Luisa Ucieda Gavilanes
- Cubillos del Sil (León)
- CRA Cubillos del Sil
- Lubián (Zamora)
- CP Tuela Bibey
CENTROS DE SECUNDARIA - Cacabelos (León)
- IES Bergidum Flavium
- Ponferrada (León)
- IES Europa
- IES Virgen de la Encina
- Vilafranca do Bierzo
- IES Padre Sarmiento
ESCOLAS DE IDIOMAS
No Bierzo, a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada ofrece a posibilidade de estudar tamén a lingua galega. (Este ano 2025 examináronse, del Nivel 4 del CELGA. 224 persoas de Ponferrada e 70 de Madrid).

