Comunicado de apoio de Amesa e de ELEN ás Xornadas e al traballo de Axuntar

Prezadas amigas e prezados amigos de Axuntar.

Perante as dificuldades para asistir persoalmente a estas xornadas, en nome da Mesa polaNormalización Lingüística e da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN) queremos facervos chegar todo o noso apoio ás vosas iniciativas para o recoñecemento da vosa lingua propia, a lingua galega falada en Asturias como lingua oficial. Sen eufemismos nin ocultacións. Con todo o dereito e toda a lexitimidade para usala e dispor dela sempre e en todo lugar.

Transmitímosvos tamén os máis sinceros parabéns polo enorme traballo que desenvolvedes nas condicións máis adversas onde á falta de recoñecemento hai que unir tantas veces a discriminación polo simples feito de non renunciar a unidade da lingua galega por parte de  quen non dubida en incumprir e atacar a Carta Europea das Linguas e as recomendacións do Comité de expertos e de Ministros instando a facer o galego lingua oficial en Asturias.

Na esperanza de que as xornadas sexan útiles no desenvolvemento do voso labor diario recibide unha forte aperta irmá.

Santiago de Compostela 11 de decembro de 2025.

Marcos Maceira Eiras

Presidente da Mesa pola Normalización lingüística

Vicepresidente da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN)

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.