Nel Dicionario do galego de Asturias, de Varela Aenlle:
cortella1. s. f. Casca dunha árbore. 2. Coda de pan. 3. Rebanda de pan. 4. V. coda 2ª acep. 5. Tripa, parte exterior dun chourizo. 6. Parte da superficie dunha terra (Allande).
cortello2. s. m. Parte exterior do pan. 2. Cacho de pan duro ou desprezado. 3. Cacho pequeno de pan. cortellón, -úa. adx. Con coda dura, especialmente referido ao pan.
coda. s. f. Parte externa dura do pan, do queixo etc. 2. Por extensión, capa que se forma enriba dun líquido, como o leite, pintura, caldo etc. (Tapia de Casarego).
codelo. s. m. Coda de pan. 2. Cacho pequeno de pan duro. 3. Corrosco que sobresae dun molete de pan.

Escortellar. Verbo que se usaba condo os nenos e nenas empezaban a fogaza cos didos e non coel cuitelo. «Nenos, non escortelledes el pan!»
Quique Roxíos usa neste Poema, publicado na recolleita Poetas do Reencontro (2019), a palabra cortello:
Inexistente
Fixéronme pequeno como un arbello.
Encolléronme.
Finxiron ver en min úa abandonada
fonte de resistencia,
un pelello.
Decidiron que fose herba que comen
os conexos,
que fose roupa de zarampallo.
Obrigáronme a desaparecer núa
sumisa inexistencia.
Déronme de réditos apenas un
cortello.
Asediáronme como a un inútil
disidente
querendo dobregar el meu amor
propio asta rompello.
Son vimbieiro que el vento move,
augua mansa.
Son cerzo que non se pecha,
brisa que fala ceibe.
Declárome oficialmente inexistente.