A Asociación Veciñal Irmandade Naviega de Navia de Suarna (Lugo), manifesta o seu apoio ás reivindicaciois de AXUNTAR

A Asociación Veciñal Irmandade Naviega de Navia de Suarna (Lugo), por medio deste escrito quere manifestar o seu apoio ás reivindicaciois de AXUNTAR, Asociación para a normalización do galego de Asturias.
AXUNTAR acusa o Goberno do Principado de Asturias e a Academia da Llingua Asturiana de querer impor o termo “eonaviego” para denominar a lingua que se fala e escribe na zona comprendida entre os rius Eo e Navia e en parte dos concellos de Allande e de Ibias. Prestixiosos lingüistas avalan a natural denominación “galego de Asturias”, que mesmo foi recoñecida como denominación lóxica polo Consello de Europa.
Recentemente, AXUNTAR denunciou “O vergoñoso acto de censura na presentación da terceira edición das Normas ortográficas do eonaviego” e acusa á Academia da Llingua Asturiana de bloquear e censurar o debate sobre o galego.
AXUNTAR argumenta que “​O uso do anti-Glotónimo ‘eonaviego’ fronte ao Glotónimo legal, ‘galego-asturiano’ e o intento de ocultar que é galego.Trátase dunha estratexia para fragmentar a unidade da lingua galega, propiciando a súa asimilación dentro do ámbito asturleonés”.
A Asociación Veciñal Irmandade Naviega, ademais de apoiar as reivindicaciois de AXUNTAR, manifesta que o galego de Asturias e o galego extremo oriental, o noso galego, comparten muitos trazos lingüísticos, feito que reforza a tese de que o galego de Asturias forma parte do tronco lingüístico galaico-portugués e que é unha variante dialectal máis do galego, tal e como defende a Asociación para a Normalización do Galego de Asturias. A maiores, a nosa asociación é coñecedora de que varios poetas que escriben en galego de Asturias publican os seus poemas na revista Xistral, revista creada por Manuel María e que edita a Área de Cultura do Concello de Lugo, revista que só publica poemas escritos en galego normativo ou en calquera das súas variantes dialectais; polo tanto, este feito evidencia que o galego de Asturias é considerado polo Consello de Redacción de Xistral como unha variante dialectal máis do galego.

En Navia de Suarna, a 25 de marzo de 2026

Asdo.: Juan Carlos Pazos Núñez, presidente da A. V. Irmandade Naviega

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.