21 de febreiro
Hai us poucos anos, en 2010, desaparecía a lingua aka-bo. Boa Chaachii que nacera en 1925 foi a derradeira falante deste idioma das Illas Andamán (India).
Coma Chaachii, Doris McLemore (16 abril de 1927: Anadarko-Oklahoma), Marie Wilcox (novembro de 1933: California), Gyani Maiyi Sen (1937- 2012: Nepal) ou Charlie Mungulda (Australia) son as mulleres e homes que falaron por última vez wichita, wukchumni, kusunda e amurdag respectivamente, todos elos idiomas que nalgún momento foron a lingua materna, incial e de comunicación habitual nas súas respectivas comunidades e que, a día de hoxe, ou ben non existen ou ben desaparecerán condo desapareza el sou último falante.
Así que… esta páxina se convirte nun lugar de RESISTENCIA.
E pra celebrar este día tan importante, compartimos dúas cousas:
Un pdf con poemas: Prá nosa lingua, poesía.

E tamén un texto de Rosa Cortizo:

A ESCOLA
TEÑO
Teño orgullo de saber falar esa fala que me deixa ser aquela nena sencilla. E me leva a querer volver a pisar os camíos de entós. A ter os pés na terra.
Teño prados que me viron, escola unde aprendín e xente que fala e falamos do que foi e virá.
Teño muito que agradecer por ter úa fala que quedou firme e sale dos adentros, cantarína, feíta de ríos, montes, barruzadas e xentes de vivir pausado.
Teño muito.

