Apertura, de Anxo Angueira

Anxo Angueira homenaxea a Xuan Bello e recorda a súa firme defensa del dioma galego como lingua propia de Asturias, de León , de Zamora. (Semanario Sermos Galicia, 13.05.25).

A. Angueira, Presidente da Fundación Rosalía de Castro, parte dun Poema escrito en galego de Asturias por el mesmo Xuan Bello, nel que el autor asturiano xoga maxistralmente coel famoso verso-aforismo de Gertrude Stein: Rosa é úa rosa é úa rosa é úa rosa (del Poema «Sacred Emily») e que expresa que «A é A», que as palabras tein realidades que enfatizan a verdadeira natureza das cousas; esto é, que as cousas son lo que son, sin importar como as queramos describir.

VARIACIÓN SOBRE EL TEMA DA ROSA 

El gallego é el gallego é el gallego.

I se d’Asturias, muito máis

con esa maneira que ten el ser humano

de ser besta ás veces,

de ser ás veces un deus.

«A rose is a rose is a rose»

(escrebíu Getrude Stein)

pra falar del problema da identidá.

«A» sempre é igual a «A» pró ás veces

a rosa pode ser úa carta de amor

sen deixar de ser a rosa.

Podes mandar úa carta ferida de amor

a quen non te amará nunca

i sin embargo el amor existe

(move el sol i tódalas estrellas)

pra que brille no celo, índa,

úa ollada diferente na llúa del entendimento.

¡Ser outro sendo eu! ¡Ser eu sendo iou!

Úa ponte é una ponte é úa ponte

(el momento de deixar de ser besta

que abafa a sua miseria sin medo,

a oportunidá de ser el que fomos sendo

tan caladamente:  con medo á morte, 

por fin conscientes).

Xuan Bello

Na homenaxe al autor da preciosa Historia universal de Paniceiros,  organizado con motivo del Festival Internacional de Cultura Contemporánea de La Favorita, en L.luarca, el desconsolo dos participantes foi acompañado polo ferver e chorar del Cantábrico. As ondas del mar recitaron sen acougo: el galego é el galego, é el galego… e tamén lo é el galego de Asturias, el que falan nas Portelas, el que articula el Bierzo, el que ennobrece a Galicia… E todos esos xeitos de falar el galego choran núa melodía de despedida pos el galego tamén era un idioma amado por Xuan Bello: el sou querido idioma paterno de Borrés (O Bierzo).

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.