Imagen de perfil

Enrique González Álvarezdesconectado

    • Foto del perfil de Enrique González Álvarez

      Enrique González Álvarez publicou en el grupo Versos e Llouxas de Boal 2023

      hace 1 año, 2 meses

      Proposta de Axuntar na Iniciativa “Camíos entre versos i llouxas” 2023
      da Asociación Forum Boal 3000.

      Un ano máis Axuntar, asociación prá normalización del gallego de Asturias, quere partcipar na guapa
      iniciativa que organizades dende a asociación Forum Boal, nel ámbito de Asturias, capital mundial da poesía.
      Neste ano queremos valorizar un segunso tramo da ruta que xa escollemos el ano pasado e que se concreta
      en cantarlle con poesías de poetas locales al Monte Penácaros e difundir, a través dos sous topónimos, el
      patrimonio histórico, cultural idiomático e inmaterial del Concello de Boal.
      Na contornada de Penácaros, temos Pena da Escuita (e a súa llenda), el Campo da Llouxa, El chao das
      Arcas, El Penedo Queimado, Chao del Penedo, A Carballeira Escura, A Fongallega, El Regueirín, As
      LLamiceiras, a Fontarica, ou LLabiada… son topónimos que nos contan llendas, nos falan de en encantos,
      fontes, regueiros, de Castros, de tumbas, arcas, lápidas, penedos, enterramentos e, al fín e al cabo, da
      importante información e valor inmaterial deste lugar. Aquellos que habitaron este territorio dende hai miles
      de anos deixaron as súas marcas, el sou legado. En Penácaros temos úa tumba solitaria que se sitúa a
      mitá de camín entre as mámoas da serra da Bobia (Pena de Relaio, Pedra Dereita,… que chegan asta a
      necrópolis de Penouta e Pena dos Xugos) e as necrópolis del outro llado del Navia (Dolmen de Cornías,
      Dolmen da Gubia, Campo de Maún, Couso de Reigoto -xa na zona de Fontes Cavadas-). Deste xeito temos
      neste espacio un monte emblemático que se sitúa na parte central del Concello e que descubre os sous
      enigmas simplemente pra quen los quera pronunciar ou escuiitar; Penácaros, Pena da Escuita e Campo das
      Arcas son parte de ese legado.
      Penácaros, entre 650 e 700 metros coas súas necrópolis forma parte de úa historia non divulgada entre a
      que tá el famoso Puñal de Penácaros atopado por Félix Fernández Siñeriz na década dos anos 60. Respetar
      a toponímía é cuidar el noso pasado e el noso futuro cultural.
      Presentamos tres poemas de Marta Ledo Jardón, (Miñagón), Begoña Martín Acero (Boal) e Quique Roxíos
      (Roxíos). Serán colocados en lugares axeitados ás bases da convocatoria.

      Extensiones Nuevo
      • A PENA DA ESCUlTA
        Hai muitos, muitos anos…
        os enanos
        abriron os sous pequenos ouguidos
        e puxéronse a escuitar,
        aturdidos,
        confundidos.
        El vento ululaba,
        a serra tremía
        e os érbidos nel alto da pena
        ruxían con feros bramidos,
        aguerridos,
        atrevidos.
        Escuitaron tamén
        as follas dos vellos castañeiros,
        arroladas por el vento de alén,
        as agullas dos azulados piñeiros,
        os relinchos dos caballos
        e as súas fortes pegadas
        nas carqueixas
        del tarrén.
        Os sous eternos colegas -xigantes e cíclopes
        trembaron
        al escuitar nel alto da Pena
        os aullidos risoiros dos llobos,
        e el aballar de xestas e toxos.
        Tatexaron,
        berraron,
        laiaron.
        E condo, al llonxe,
        enanos, xigantes e cíclopesouguiron el alma del mar:
        acougaron.
        BMAcero 14
        -02
        -23

      • Penácaros
        Con nativas roupas
        de cuarzo , micas , gancellas,
        érguese el pico da serra,
        abrázandonos silenciosa.
        Guarda consigo resollos
        de duros e honrados traballos
        de mulleres e homes torrando, xelando,
        entre feixes acarretados.
        Agora, máis solitaria,
        abeirando calma e belleza
        anouga pasado, presente
        e futuro desta terra.
        Marta Ledo Jardón. 18.02.23

      • Campo das Arcas.
        Repinican uces arrubiadas,
        tein traza de andar algo dolidas;
        alxapian as auguas dos montes,
        hai tempo devagan encollidas.
        Fun camín da tumba adormecida,
        a del Chao das Arcas sagradas;
        guarda de tesouros sorprendentes,
        rastros dúa época vencida.
        Reclamar fun, pedras esculpidas,
        ollar as necrópolis roubadas,
        invocar os encantos das fontes,
        cumprimentar as almas perdidas.
        Escuiteilas nel Campo da Llouxa,
        na Fongallega e nas Llamiceiras.
        Peró el esmorecer máis enorme
        sentinlo na Carballeira Escura.
        Algo dixeron: non hai campas
        nin arcas, nin llastras que valgan;
        berran os pesares que dolen,
        quedan afogadas palabras.
        Haivos aquí un silencio de eixada,
        que rincha nel Penedo Queimado.
        Son molíos de mouro horizonte.
        Sempre llevan; trer, nunca train nada.
        Quique Roxíos 18.02.23