Imagen de perfil

Moisés Cima Fernándezdesconectado

    • En galego, tamén na UniOvi de Asturias

      Fonte: You Tube UniOvi Na mañá de hoxe, nel acto académico da celebración del día de Santa Catalina, el Rector da Universidade, el Sr. Ángel Ignacio Villaverde Menéndez, fexo, dun xeito simbólico, úa parte del sou discurso en galego...

      Leer más
    • #PararllesOsPés X. El goberno asturiano rectifica

      A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deportes del Principado vese obrigada a rectificar el Decreto 25/24, de 15 de marzo, recurrido por Axuntar. A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deportes del Principado viuse obrigada a rectificar el Decreto...

      Leer más
    • Foto del perfil de BMAcero

      BMAcero escribió un nuevo post

      Curso de iniciación al portugués

      Como xa sabedes, el Ministerio de Cultura concedeunos úa subvención por el proxecto Panqueixa, que oxalá floreza mil primaveras máis, incluido dentro del Programa de animación a la lectura en el mundo rural. Así que, gracias a esa subvención,...

      Leer más
    • A fala de Vigo. Trazos de unha variante dialectal

      El idioma galego ten falas, falares, variedades dialectales unde el idioma "é peor tratado polos poderes públicos: Asturias, León, Zamora, e o Val do Ellas en Cáceres", afirma Xosé Luís Méndez Ferrín nel Limiar del libro A fala de...

      Leer más
      Extensiones Nuevo
      • Copio aquí el comentario publicado núa entrada del Facebook del propio autor e que que recolle información sobre úa presentación del libro sobre A fala de Vigo.

        «A lingua galega segue viva en Vigo. O director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, Xosé-Henrique Costas, demostrouno tras meses de traballo recompilando todo tipo de materiais orais no Val do Fragoso. Foi o resultado da encarga que recibiu por parte da asociación de voluntariado lingüístico Faladoiros-Vigo, que primeiro foi unha conferencia e agora, coa idea de divulgarse, colle corpo nunha publicación.
        «Hai xente que nega que en Vigo se fale galego, ten que ser que só se move polas rúas do centro da cidade», sinala o investigador e autor da publicación a Nós Diario. Costas non tivo dificultade en atopar falantes «entre o pobo normal, a que vai ao mercado das Travesas ou viaxa en Vitrasa, Vigo é máis que a rúa do Príncipe». Pon en valor as parroquias por entender que é nelas «onde se concentra a poboación autóctona ante o aluvión foráneo que cambia de lingua».
        O libro ábrese cun soneto a Vigo do escritor Darío Xohán Cabana que, en opinión do catedrático, «debería figurar inscrito en moitas partes da cidade e no corazón de todos os vigueses». Despois, continúa cun limiar dun vigués de adopción como Xosé Luís Méndez Ferrín e arrinca coa descrición dos principais trazos fonéticos e morfolóxicos do falar de Vigo, variedade que está encadrada no Bloque occidental das falas galegas.
        «Falámolo e ademais dunha maneira singular desde o século XIII, a idea do libro tamén é que a xente colla orgullo dela e do seu acento», explica Costas. No traballo coloca perífrases «que son reliquias do latín» como «a de indicar que un coche quere un lavado para indicar que hai que lavalo».
        A nivel de fraseoloxía, o libro achega un cento de expresións. «Un exemplo é mexar contra a parede, unha locución que aparece xa na Historia Brittonum do século IX e que significa que alguén xa é adulto», indica Costas, «outra é plantar un pexegueiro, que ten o sentido de quedar a deber diñeiro», agrega. En moitos casos esas frases substituíronse por castelanismos, unha situación que «debería evitarse, sobre todo en determinados programas da TVG».
        No libro reúnense e defínense 400 palabras de uso incorporando tamén galicismos, anglicismos, xitanismos e castelanismos adaptados ao falar vigués. «A nivel léxico colocamos palabras que non aparecen nos dicionarios ou aquelas que saen cun significado distinto ao que lle damos aquí», aclara Costas. Pon como exemplo a palabra lóbregho, que na fala de Vigo «non significa algo escuro, senón para indicar que algo está sen dividir».
        Outro caso particular é a palabra pello que no léxico diferencial vigués ten varios significados: é o disco que se lanza no xogo da chave, a pedra que se lanza na mariola, é ter sorte ou ser unha persoa fea. Por último, en léxico o libro párase nos antropónimos vigueses, O Xepemighel e A Maremighés, e sobre todo no topónimo Valadares, ofrecendo unha explicación histórica da legalidade e autenticidade deste topónimo fronte á deturpación que fan aínda institucións e medios, pondo ‘Valladares’.
        Antes de editarse o libro, a intención do autor era que o Concello de Vigo se fixese cargo da distribución en escolas, asociacións, bibliotecas e entidades varias. «Botáronse atrás a última hora e non entendemos a razón para non querer colaborar», evidencia Costas.
        Xa no remate, a publicación deixa un espazo para que quen se aproxime á súa lectura tamén participe «recollendo máis frases e léxico» coa pretensión de que «a xente lembre e volva empregalo con orgullo». O destino de toda esta recompilación será directamente a Real Academia Galega para que as integren no seu dicionario. «Cando eran en papel había límites nas entradas, mais na rede poden ter millóns polo que teñen que aproveitar», conclúe o catedrático.

    • Foto del perfil de BMAcero

      BMAcero escribió un nuevo post

      Encontro entre poetas

      A Asociación cultural Gesto, úa das máis antiguas de Xixón (naceron hai máis de 60 anos) na dinamización da cultura e que desenvolve úa decena de actividades al ano, presenta LETRIBERIA 09 este sábado 9 de novembre ...

      Leer más
    • Cargar máis publicaciois

    Medios

    Amigos

    Resumen de privacidá

    Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.