4!!
Campaña de axuda al noso galego
MANIFESTO POR UN INSTITUTO DEL GALEGO DE ASTURIAS.
El pasado 17 de maio, en Compostela, presentamos a campaña “100 rúbricas contra a ALLA”.
Con ela queremos pedir un organismo propio pral Eo-Navia, en colaboración coa Universidad de Oviedo, que se ocupe da nosa lingua e así anular a tutela da Academia de la Llingua asturiana.
A campaña leva consigo a firma dun manifesto (que acompaña a esta carta e del que xa se recolleron en Santiago úas 50 rúbricas) e é mui importante que, se tas de acordo con lo que se pide, cubras cos tous datos a folla de rúbricas pra que despós la envíes por correo postal a:
Natalia Jardón Pérez
Armal, s/n
33725 Boal
Taría muito ben que consigas que amigos e amigas, parentes, persoas achegadas e vecías… apoien tamén este manifesto. Contas máis persoas lo apoien, máis posibilidades de que as cousas podan cambiar!!!
Como sabedes, a campaña anterior, #PararllesOsPés, foi un éxito. Con ela conseguimos levar a nosa reivindicación al Tribunal Supremo e este admitiu a trámite un recurso de casación declarando que reviste interese casacional al ter el obxectivo de formar xurisprudencia sobre úa cuestión xurídica: el feito de que a Administración modificou el decreto recurrido por Axuntar, nun intento de seguir usando el famoso anti-Glotónimo -eonaviego- sen que os recurrentes vísemos resolto el conflito. Desde aquí, enviamos un agradecemento a todas as persoas que apoiaron a causa.
Seguimos nas nosas xustas reivindicaciois e lanzamos a campaña «100 Rúbricas-contra-a-ALLA”. POR FAVOR, Descarga a folla de firmas, recolle as que podas e mándanoslas por correo postal.
CAMPAÑA «CEN RÚBRICAS CONTRA A ALLA
POLA NORMALIZACIÓN DEL GALEGO DE ASTURIAS E POR UN INSTITUTO DEL GALEGO DE ASTURIAS (IGALA)
QUEREMOS MANIFESTAR:
Que toda a filoloxía dice que a nosa variedade dialectal é galego.
Que el Glotónimo legal desta variedade dialectal é gallego asturiano (Lei 1998/1).
Que el termo gallego-asturiano foi acuñado por Dámaso Alonso para designar el galego que se fala en territorio administrativo asturiano: el galego de Asturias.
Que a Normalización lingüística del galego de Asturias é competencia legal e obriga moral del goberno e das administraciois asturianas.
Que a normativización lingüística del galego de Asturias (normativa, dicionarios, gramáticas, formación) non pode ser competencia de úa academia doutra lingua.
Que el galego de Asturias precisa dúa institución propia creada coa colaboración da Universidad de Oviedo: el Instituto del Galego de Asturias (IGALA), que se encargue da tutela, estudio e normativización desta variante dialectal, establecendo lazos de cooperación coa Real Academia
Galega, el Instituto da Lingua Galega, e demais organismos relacionados coa lingua galega, con independencia das fronteiras administrativas, tal e como establece el Consello de Europa nel VI Informe de Cumprimento en España da Carta Europea de Linguas Rexionales e/o Minoritarias (2024).
Que é de xustiza que os falantes de galego en Asturias teñan os mesmos deretos que os falantes de galego en Galicia.
Por todo elo, PEDIMOS al goberno de Asturias:
Que asuma a realidade lingüística del sou territorio, nel que 18 concellos tein como idioma propio úa variante oriental del idioma galego, recollido na Lei 1998/1.
Que elimine as competencias da Academia de la Llingua Asturiana sobre el gallego asturiano.
Que se cre úa institución propia nel Eo-Navia, en colaboración coa Universidad de Oviedo; que esta institución estea formada por especialistas da lingua galega (doutores, investigadores, escritores…); que esta institución manteña úa relación directa coa Real Academia Galega, e seña el estamento consultivo del goberno de Asturias pra os cursos de formación, traduciois, toponimia e todo lo que teña que ver coel galego de Asturias.
Que a lingua galega tea presente nas Escolas Oficiales de Idiomas, en particular na EOI de Ḷḷuarca, e tamén como lingua optativa en escolas e institutos de Secundaria tal e como se vén fendo nel territorio del Bierzo e na Seabra, posto que el estudio del galego para os e as asturianas, en xeral, e para a
xente del Eo-Navia en particular, é dun interés indiscutible.
Que se establezan lazos de cooperación entre el Principado de Asturias e outras Comunidades Autónomas galegofalantes, análogos aos que se dan, por exemplo, nas provincias de León e Zamora entre a propia Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León, tal e como recomenda el Consello de Europa.
Axuntar PÍDEVOS que -como asociación, colectivo, grupo social ou a nivel individual- vos sumedes e apoiedes as nosas xustas reivindiaciois ante el Principado de Asturias, a Consellería de Cultura e a Academia da Llingua asturiana, firmando este MANIFESTO.
A Fala non ten cancellas!!!!
Necesitamos a túa colaboración: descarga el formulario, recolle rúbricas e mándalas por correo postal á presidenta de Axuntar: Natalia Jardón Pérez Armal s/n 33725 (Boal)
Formulario
Campaña aberta a todo el mundo, porque el galego non ten cancelas.
Os datos personales recollidos serán incorporados e tratados nel ficheiro “ Campaña 100 Rúbricas-contra-a-ALLA” cuxo propósito é el control e xestión das sinaturas conseguidas pola asociación Axuntar (CIF. G09812066) núa campaña que intenta transmitir ás nosas autoridades políticas a necesidade de crear un Instituto de Estudos pral galego de Asturias- El órgano responsable del ficheiro é a Secretaría da Asociación Axuntar. El interesado/a poderá exercer os sous deretos de acceso, rectificación, supresión e oposición na dirección asociacion@axuntar.eu, en cumprimento del artigo 12 e seguintes del Capítulo II del Título III da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembre de Protección de Datos Personales e Garantía dos deretos dixitales, con lo establecido nel Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo e del Consello de 27 de abril de 2016 e demais normativas en materia de protección de datos de carácter personal.

Cartel bilingüe, castellano/asturiano colocado nel Rexistro Civil del Concello de fala galega de Castropol.

Cartel bilingüe, asturiano/castellano na entrada del Concello de fala galega de Grandas de Salime.

Cartel nel que desaparece el ditongo decrecente propio da lingua galega (LANTOIRA).

Cartel bilingüe asturiano-castellano.

Cartel coel uso de úa grafía inexistente na lingua galega, propia del asturiano (/y/).
Temos el optimismo dos que saben
que traballan xuntos polo que é de sou.





