Colleita de opiniois: Úa Xunta que nun escuita

Por Moisés Cima fern´nández

Úa Xunta que nun escuita

Abro as páxinas del periódico e tópome cun titular: «La Junta se da dos dias para escuchar a 47 implicados en la oficialidad del asturiano», e aínda que nel titular non se mencione, leo nel corpo da noticia que tamén se vai discutir sobre a oficialidá del eonaviego (como discurriron a pasada lexislatura en chamar al galego que se fala nos concellos máis occidentales de Asturias). De primeiras un queda un pouco sorprendido, pois as posiciois dos distintos parlamentarios asturianos están ben definidas, máxime coel novo pacto entre Foro e el PP, nel que el voto de Pumares queda claramente definido del lado dos contrarios á oficialidá. Non creo que as 47 declaraciois valian pra cambiar el sentido del voto de ningún dos deputados da Xunta, nun tema
incomprensiblemente enrocado. Pero os debates políticos son así, e ás veces é preciso telos aínda condo sabemos que xa está todo el peixe vendido. Os chamamentos aos 47 implicados fainlos os distintos grupos
parlamentarios, e cada grupo saberá cuálos son os sous criterios. Nel caso del chamado eonaviego é chamadeiro que naide pensara en contar coa voz de AXUNTAR, úa asociación que vén traballando polo galego de Asturias, con múltiples actividades culturales, con múltiples apariciois na prensa escrita e
audiovisual asturiana, con múltiples interlocuciois con alcaldes del Eo-Navia, con deputados autonómicos na Xunta, con candidatos al Senado por Asturias ou mesmo coa presidenta del Congreso dos Deputados.
AXUNTAR é úa asociación que xa vai pola terceira convocatoria dos Premios Folgueira, que xa presentou tres informes lingüísticos del Eo-Navia, que ten en marcha un programa de promoción da lectura, cursos de lingua galega ou que ten interposto un contencioso administrativo contra el Goberno del Principado pol que consideramos que é incumprimento da lei nel uso del Glotónimo eonaviego.

Úa asociación, en definitiva, mui activa na defensa da lingua galega dos asturianos máis occidentales, e úa asociación que defende úa postura acorde coa maioritaria na Hispanística e a Romanística (ambas ramas da Filoloxía) e respaldada pola ciencia filolóxica (a filiación lingüística del que Dámaso Alonso chamou galego-asturiano, por seren falas fundamentalmente galegas, filolóxicamente falando) que AXUNTAR fexo por reunirse cos grupos parlamentarios democráticos da Xunta Xeral, e aínda que foi recibido por dous destos grupos (Podemos e el PP), topamos que a voz dúa sensibilidá importante del Eo-Navia e dúa asociación mui activa non parece importar a ningún dos deputados asturianos, nen sequera
a aquelos que dicen defender a pluralidá e a oficialidá. Sen perxuicio a que haxa outras voces distitntas á nosa, que las hai, entendemos que se un Parlamento que quer abrir un debate plural nel que os implicados
debatan un tema de interés público, non ten ningúa razón de ser obviar úa sensibilidá mui presente e úa das poucas voces que se alzan nel Eo-Navia. Entre 47 implicados, podería contarse al menos con máis dúa voz
del Eo-Navia, non sendo que pral Parlamento asturiano el que pódamos dicir al oeste del Frexulfe non teña máis valor que úa coletilla final «e lo mesmo pral eonaviego», que non se traduce en ningúa política lingüistica real, non sendo a política del menosprecio e a discriminación. A política, nada democrática, da anulación.

Moisés Cima Fernández. Presidente de Axuntar

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.