Por BEGOÑA MARTÍN ACERO
Afganistán, cárcere de mulleres
El réxime talibán -basado na Sharia- durou desde 1996 a 2001. Nel 2001 as mulleres tuveron un raio de esperanza coa expulsión dos talibais por úa coalición internacional da OTAN. Pero en agosto de 2021, entraban de novo en Kabul. Volvía a escuridá, el medo e desaparecía de novo a esperanza prás mulleres afganas.
Este texto foi el que escribimos na nosa web este 23 de marzo pasado. El problema das mulleres baxo el réxime talibán non pode ser flor dun día. A súa situación agrávase cada vez máis e a comunidade internacional permanece impasible ante esta situación, terrible, inxusta, inhumana e irracional.
Desde este mes de agosto de 2024, coas novas normas dictadas por el Ministerio prá Propagación da Virtude e a Prevención del Vicio (basadas na sharia), as mulleres afganas non poden:
–Pasear sin a compañía dun home!
–Salir da casa sin el hiyab: el sou corpo e rostro son awrah, término usado nel Islam pra identificar aquelas partes del corpo humano ou capacidades que non deben ser expostas en público!
–Falar, cantar en público ou ler en voz alta. A voz das mulleres é un “vicio” se se escuita en público. Considérase awrah!
–Estudiar. As adolescentes xa non van ás escolas e institutos, as mulleres adultas abandonaron as súas carreiras universitarias…!
Non poden ir al parque, nin al ximnasio ou á peluquería, lugares nos que socializaban, conversaban…!
Afganistán non é un lugar del mundo nel que vivir: xa é solamente un cárcere de mulleres.
“As mulleres nunca se renderán. Seguirán resistindo, planteando as súas demandas, reclamando a súa liberdade. A comunidade internacional debe seguir usando a súa influencia pra abogar pola reinstauración del dereto das mulleres á participación política, el retorno del estado de dereto, a recuperación da democracia que temos perdido. A xente de todo el mundo debe seguir demostrándonos a súa solidariedad,e usando as súas plataformas pra darnos voz, presionando aos sous Gobernos pra que fagan máis pola población de Afganistán”. (Fawzia Koofi).
“O que me sucedeu a min, o que lle sucedeu a Afganistán, non é a luita de úa única muller, nin a luita dun único país, é úa responsabilidade compartida. Si a historia nos enseñou algo, é que o que sucede núa parte del mundo afecta a todos os países. Que a batalla que tamos librando non é sólo nosa, é úa batalla pola democracia, por valores que son universales. É tamén el momento da solidariedade: úa ermandade mundial. Os movementos de mulleres de todo el mundo deben solidarizarse coas afganas, con todas as mulleres que viven en réximes autoritarios, e concienciar sobre o que lles ta a pasar”. (Maryam Rayed).
Por eso tamén, e de novo, desde a web de Axuntar alzamos a voz pra que os Gobernos presionen coel fin de restaurar us deretos que nunca deberon desaparecer e outros que é preciso restablecer XA.